Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Aprendemos a reciclar

Como este ano tiñamos novos compañeiros e compañeiras, co paso das semanas démonos conta de que non sabían como empregar as caixas de lixo de reciclaxe de cada cor. Ademáis os demáis tampouco nos  lembrábamos moi ben de onde ía cada cousa.

Por iso decicimos facer unhas novas caixas para reciclar o lixo, de cor azul, amarela e verde, ademáis tamén pensamos que facendo un mural todos e todas poderíamos consultalo cando o necesitaramos.

Recortando de revistas e folletos, fomos pegando no noso mural (no contenedor que lle tocaba os plásticos, papeis...)

 

Sen esquecernos das botellas de vidro.

 

Cando rematamos, puxemos debaixo as caixas da cor correspondente, ademáis tamen serviu para que os máis pequenos lembrasen como se chamaba cada cor.

 

Na aula de informática, na P.D.I. xogamos a "reciclar" poñendo en cada contenedor o lixo correspondente (se queres xogar, ti tamén podes, porque este xogo está no apartado "programas e ligazóns" do noso recanto)

 

Cando os contenedores xa estaban listos, escribimos debaixo de cada un as  "couas" que ian en cada un deles.

 

Xa tiñamos listo o noso mural, e as nosas caixas de reciclaxe. Decidimos deixalas así uns días para ir aprendendo entre todos a empregalas.

 

Cando xa todos sabiamos usar cada "caixa" e que ía en cada cor, decidimos movelas ó seu sitio definitivo.

 

E o mural poñelo no corredor, para que todo o mundo aprendese tamén como "separar para reciclar".

 

Por último, cada un fixo un "libro de reciclaxe" para levalo para casa, así poderiamos explicarllo todos os noso coñecidos.

Dentro dalgunhas semanas imos a "facer papel reciclado na clase",  xa o contaremos.