Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) ¡Atopamos cartas no noso buzón! e facemos a "caixa dos segredos"

Un día despois do recreo descubrimos que no noso buzón había unha chea de cartas.

 

A encargada descubriu que cada unha tiña un dos nosos nomes, así que supuxemos que serían para cada un de nos, e comezamos a repartilas.

 

Todos comezamos a abrir a nosa carta, e dentro ¡había unha postal moi bonita!, dentro viñan escritas algunhas cousas.

 

Cada quen preguntoulle ó profe o que poñía alí, e puidemos ver como abaixo de todo estaba o nome do neno/a que nos escribira a carta desde a outra aula.


Agora nos tamén lle queremos responder escribindolles outra postal. Xa vo-lo contaremos.

 

A caixa dos segredos:

Como sempre tiñamos problemas cos xoguetes que traiamos da casa, porque os colliamos sen permiso do dono, se perdían, rompían...  pensamos en que podiamos facer para solucialo.

Despois de falar sobre o problema, acordamos que podiamos facer unha caixa "dos segredos", onde cada quen poidera meter as súas cousas.

Todo o que houbera dentro dela non pode ser collido máis que polo seu dono, ou a aquel ó que lle dera permiso de usalo.

Para que todos souberan cal era a caixa, escribimos un cartel co nome da caixa.

 

Puxemo-la enriba da mesa do profe 

 

E comezamos a gardar cousas dentro dela.