Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros terroríficos

Para celebrar o Samaín o 27 de outubro de 2022, xa coa volta á normalidade tra-la COVID-19, voltamos a desfrutar "por todo o grande" dos nosos obradoiros terroríficos.

  

OBRADOIRO DE COCIÑA "TERRORÍFICA":

O profe Paulo tiña preparados uns "platos" terroríficos, no obradoiro de cociña do Samaín. Despois de ser creativos nas nosas creacións, puidemos comelos durante a hora da merenda.

 

 

      

OBRADOIRO NUN FOTOMATÓN "QUE METE MEDO":

Posando diante dun "chroma verde", escollemos diferentes fondos na tablet, para participar no "fotomatón terrorífico".

  

Podes ver tódalas fotografías tomadas neste obradoiro na seguinte entrada:

(2022-2023) Fotomatón terrorífico na celebración do Samaín

         

OBRADOIRO DE MANUALIDADES "TERRORÍFICAS":

A profe Marta e Zaira encargáronse de organizar un fantástico obradoiro de manualidades, onde creamos monstruos, momias e outra "fauna terrorífica".

   

OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES "DE MEDO":

Na Biblioteca participamos nunha sesión de visionado de "curtametraxes terroríficos", aínda que en realidade non daban tanto medo.

   

Aproveitamos, durante a nosa participación nos diferentes obradoiros, para meter os "nosos medos" no ERIZOMBIE:

    

   

EXPOSICIÓN DE CABAZAS TERRORÍFICAS:

Cada quen trouxo da súa casa unha cabaza "terrorífica", para montar entre todos e todas unha gran exposición.

Cada compañeiro e compañeira votou pola súa favorita para decidir, entre todos e todas, cales eran as gañadoras de forma democrática.

   

Así de fantástica quedou a nosa exposición de cabazas, podes vela no seguinte vídeo.

   

Entregáronse premios aos creadores das cabazas máis votadas, xunto con diplomas ás "máis orixinais".

    

   

MOITO MÁIS POR VER...

Lembra que podes ver tódalas imaxes da nosa participación nos diferentes obradoiros do Samaín, da exposición de cabazas así como da entrega de premios e diplomas, no seguinte álbum da galería fotográfica.

(2022-2023) ÁLBUM FOTOGRÁFICO - Obradoiros para celebrar o Samaín

    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.