Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) De volta ao cole! Estas son as nosas actividades de inicio de curso

Xa estamos de volta! Inauguramos un novo curso con moitas ganas e moita enerxía. Xogamos, recordamos, falamos e compartimos todo o que nos pasou no verán; pero pouco a pouco, retomamos o traballo que comezamos o curso anterior recordando as distintas rutinas, e sobre todo facendo repaso do que xa sabemos para calentar motores. Os nenos, as nenas e o profe; xa estamos listas! Comezamos!

NORMAS DE AULA


Un dos temas principais que tratamos este mes foron as normas de aula. Coñecer ben as normas, non só é bo para favorecer a convivencia, senón que nos axuda a crear unha rutina, entender cales son os distintos tempos que manexamos na aula e poder disfrutar do tempo de ocio sen molestar aos demais compañeiros e compañeiras. No noso caso, acordamos as normas en asamblea, ademais de cales serían as consecuencias no caso do incumprimento das mesmas. Tras chegar a un acordo e comprender a sua importancia, fixemos unhas fotos para facer un gran cartel coas normas na entrada da nosa aula, que quedou chulísimo!

ORGANIZACIÓN DE AULA

Igual que é preciso ter unhas normas para saber como comportarnos, tamén e moi importante saber que lugar ocupa cada cousa, que material temos, como utilizar as ferramentas de aprendizaxe que temos na aula. Para facelo, diseñamos unha serie de pegatinas que fomos colocando nos distintos rincóns da aula para saber cal é a bandexa de cada un, onde vai cada xoguete, cal é o sitio onde nos sentamos... Xa que ademais, como algúns xa sabedes estamos de reformas na aula, polo que foi unha necesidade acordar como organizar os novos espazos.

XOGOS COAS FORMAS E LÓXICA-MATEMÁTICA

Algunhas das actividades que máis éxito tiveron o curso pasado, foron as relacionadas coa lóxica-matemática. Por iso, este ano as retomamos, pero engadindo unha nova modalidade de xogo cos bloques lóxicos. Estes bloques permiten traballar de forma manipulativa distintos coñecementos básicos como son as cores, os tamaños, as formas... E este curso, entre outros xogos, usaremos estes materiais para seguir ampliando coñecementos ao mesmo tempo que o pasamos xenial.

CUBREMOS O PASAPORTE DA ESCOLA 

Durante as primeiras semanas de colexio, recorremos o colexio como tolos en busca das pegatinas necesarias para cubrir o noso pasaporte. Estas busquedas nos levaron a sitios tan variados como a clase de inglés, de música, a biblioteca da escola... Esas pegatinas foron acompadas de fotos para recordar estes primeiros días, e como non, para ter o noso pasaporte en vigor para viaxar por todo o colexio.

REDECORAMOS A AULA

Un curso novo, pide unha clase nova, e iso é tamén no que estamos a traballar. O primeiro que abordamos e a porta da clase, onde puxemos os nosos nomes escritos ao men, acompañados da tradicional foto que nos sacamos o primeiro día de clase. Pouco a pouco, imos decindo tamén que imos a cambiar e que imos a necesitar, poñendo a prioridade en aprender a reutilizar aquilo que cumpra as condicións para facelo.

ESTAMOS DE MUDANZA

Para dentro co novo! Coa axuda de todos os profes do cole, é especialmente da profe Zaira, renovamos todos os mobles da nosa aula; cambiando os vellos por uns máis accesibles e adaptados aos nenos e nenas. Pero estes detalles interesaron ben pouco no momento, xa que o que todos queriamos facer, era botar os mobles vellos fora. Polo que as nosas forzudas e forzudos de EI, sacaron os músculos a pasear para poñer os mobles fora da aula.

XOGAMOS COS FONEMAS, SÍLABAS E PALABRAS

Como parte do repaso do aprendido o curso anterior, tamén fixemos moitos xogos para traballar a conciencia léxica, silábica e fonémica. No caso das fotos, podemos ver aos nenos e nenas xogar, en primer lugar, con tapóns coas letras escritas nos mesmos. A cousa partiu como unha competición para ver quen era capaz de facer máis palabras, pero tamén deu pé a un montón de palabras inventadas e divertidas que se daban combinqando e xogando coas letras dos tapóns. Tamé, xogamos a un xogo da oca moi especial onde, para avanzar, tiñamos que pensar e poñer en práctica todo o que sabemos sobre as letras. Se queredes xogar na casa, podedes acceder a este recurso no apartado de xogos de Educación Infantil.

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE SETEMBRO

Outras novidade de este curso, e que imos a retomar a cociña na aula. E que mellor momento para fácelo que celebrando os cumples de setembro? Nesta ocasión os homenaxeados foron Carlota e Diego, que non so elixiron unha tarta deliciosa, senón que ademais recibiron unhas camisetas e coroas chulisimas, feitas con agarimo polos seus compañeiros e compañeiras.

E isto e todo... por agora. En un mes volveremos con máis fotos e máis novas do que vai sucedendo na escola! Ata pronto.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.