Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Escribimos unha carta ós nenos dun colexio de Pontevedra e facemos o noso buzón

Neste días descubrimos que o tema para o Salón do Libro 2010 é a "cidade", falando do tema démonos conta de que a cidade que coñeciamos era Pontevedra, que é onde participamos no Salón do Libro co lobo "ORBIL" .

Como necesitabamos fotos das "cousas que hai na cidade", pensamos que llo poderiamos pedir enviando unha carta ós nenos e nenas dun colexio de Pontevedra. Decidimos escoller o C.E.I.P. Manuel Vidal Portela, que está moi preto de onde se celebra o Salón do libro.

Entre todos, os nenos e nenas das dúas aulas, redactamos no encerado a carta para os compañeiros de Pontevedra.

 

 

 

Logo organizámonos para, entre todos escribir en papel a carta que tiñamos no encerado.

 

Coa carta xa feita, tivemos que descubrir que poñer no sobre para que chegase a ese colexio, e non a outro, buscando en internet atopamos o seu blog, onde estaba o enderezo do colexio. (http://anosaescola.blogspot.com)

Tamén puidemos ver unha foto dos nenos e nenas ós que lles imos a enviar a carta.

Como era moi longo, RAÚL e HUGO estaba coa profe Ángela no ordenador e viñan dicinco as partes do enderezo, que o profe Óscar ía escribindo. Pareceunos raro que no medio tamén houbese números e non śo palabras. Ó final PONTEVEDRA fomos capaces de poñelos nos sos.

 

Tamén en orde escribimos no sobre o enderezo que xa tiañamos no encerado.

 

Está é a nosa carta por se queredes lela.

 

Estamos agardando a resposta dos nosos compañeiros de Pontevedra, xa vos contaremos se nos mandan as fotos que lles pedimos.

 

FACEMOS O BUZÓN DE INFANTIL 2: 

Coa carta xa feita démonos conta de que cando nos respondesen os nenos e nenas, non tería a carteira onde metela porque no noso cole non hai buzón.

Por iso decidimos facer o noso buzón, así ademáis outros compañeiros e compañeiras nos poderían escribir cartas.

Cunha caixa de zapatos construimos o noso buzón.

Primeiro tivemos que pensar como "forrar" a caixa, repasando cun lapis o contorno logo xa poderiamos pegar cada cara da caixa.

 

Ás veces non era moi doado de despegalo.

 

Tan só faltaba por poñerlle BUZÓN e INFANTIL, para que todo o mundo soubese para que serbía, e de quen era, para que non meteran alí cartas de outros cursos, por erro.

 

Para que quedase máis bonito, enchémolo de gomets de cores.  

 

E así foi como quedou, agora os nenos e nenas da clase do lado van a facer tamén o seu.

Se queredes enviarnos algunha carta este é o noso enderezo.

 

C.E.I.P.  PEDRO   ANTONIO   CERVIÑO

EDUCACIÓN  INFANTIL

A   LAGOA  S/N

36110 -  CAMPO   LAMEIRO