Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Aprender xogando

Durante este trimestre intentouse que aprender lles resultara divertido e motivador aos nenos.

Así, ademais de facer letras en papel, no aire, con cordas, con plastilina e ata nas costas dos compañeiros... tamén fixemos letras con limpapipas

 

ou na nosa "pizarra máxica" de fariña de millo.

Tamén usamos a nosa "culler de ler" para repasar as letras e a lectura de sílabas.

Ademais temos na aula varios  "xogos da oca" que nos serven para practicar as letras máis difíciles.

 

Para as matemáticas e os números temos  un ábaco e xogos como a nosa "árbore de sumar".

 

Un destes días veu á clase "Tropicaco", un canciño que nos ensinou o abecedario cantando. 

Non olvidemos que xogar permite desenvolver unha grande variedade de destrezas, habilidades e coñecementos para os nenos. E ademais...é divertido!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.