Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) E ademais... no mes de outubro suceceu todo isto na nosa aula

Durante este mes de outubro, ademais de todo o que xa vos contamos en entradas anteriores (a investigación sobre os Dinosaurios, o Magosto, Samaín, robótica...) tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Continuamos a empregar o calendario online da nosa aula para para anotar os feitos relevantes, facer seguimento do tempo, faltas, etc. Lembra que podes atopalo no recanto de infantil 2

 

Despois do recreo "relaxámonos" empregando o noso cerebro de purpurina ou escoitando diferentes tipos de música.

 

Completamos o noso DICCIONARIO XIGANTE, xunto ós compañeiros e compañeiras de Infantil 1. Este curso para cada unha das letras do diccionario eleximos tamén un país que "visitamos de forma virtual. 

 

Escribindo as palabras na aplicación online, que podes atoapr no recanto de infantil desta web, imprimimos unha imaxe grande para o diccioanario xigante e... tantas pequenas como acordemos, para empregar logo no noso diccionario persoal.

 

 

 

 

Comezamos a levar "o plátano viaxeiro" para as nosas casas, pasará con nosco dúas semanas, 15 días, e poderemos contar no libro que acompaña todo o que fixemos con el neses días.

 

Por sorteo MARIÑA foi a primeira en levalo para a súa casa, e así nos contou como lle foi,

 

 

Imos sinalando na lista as persoas que xa o van levando, ata que completemos a lista completa.

 

 

15 días despois CÉSAR tivo a sorte de que saíra o seu nome, e agora está xa na súa casa. Xa nos contará que tal lle foi á volta destes días.

 

 

 

Participamos na re-apertura da Biblioteca do colexio, coa elección dunha nova mascota, para o que despois de mirar algúns exemplos fixemos os nosos deseños e propostas.

 

Tamén ensaiamos e aprendemos unha poesía de "Gloria Fuertes" para o día da inauguración, onde ademais de presentar a nova mascota, tódolos cursos recitarían un texto poético.

 

A profe ZAIRA, responsable da biblioteca, explicounos o funcionamento da mesma e que significaban cada un dos autobuses de cores.

 

 

O día da inauguración da biblioteca recitamos a poesía "As Monas Caprichosas" e...

 

 

Descubrimos cal foi a mascota elexida entre as propostas, a do noso compañeiro de sexto "JAVIER".

 

 

Lembra que podes descubrir outras cousas que sucederon na aula, nas entradas precedentes deste mesmo blogue.