Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Explorando todo o que pode facer o Beebot

Durante este mes de outubro estivemos traballando co BEEBOT explorando todo o que podía facer.

Conseguir que dous Beebot se cruzasen agardando un polo outro non foi doado, pero démolo feito entre todos e todas.

 

 

Que destruise unha torre, que previamente fixeramos, foi moi divertido. Había que calcular o espazo que tiña que recorrer para poder tirala.

 

 

Pasar por debaixo de varias pontes, sen tiralas, era un pouco máis complicado, pero tamén demos logrado atopar a programación axeitada para que o conseguira.

 

Como se queren moito, tamén logramos que se desen "un bico" os dous BEEBOTS, eso si sen chocar claro ;).

 

 

Desplazarse polo espazo, cumprindo algunhas premisas ás veces resultaba complicado, polo que o mellor era planificar primeiro "a viaxe" cun "esquema".

 

 

Conseguimos que o BEEBOT esperase no paso de peatóns ó cruzar a carretera... todo pola súa seguridade ;)

 

Temos outros moitos robots na aula, cos que iremos experimentando ó longo das seguintes semanas, como sempre estarás o tanto no recanto de infantil.