Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Celebramos o Magosto!!!

Ao igual que o ano anterior, o pasado 22 de outubro, celebramos o Magosto na área recreativa de San Antonio. Debido ao éxito do ano anterior, decidimos repetir a xornada neste entorno excepcional, xa que reúne as características perfectas para pasar un día moi divertido. 

Comezamos a xornada cunha fermosa ruta de sendeirismo polo monte. A pesar que de que había algunha que outra pendente, os nenos/as camiñaron enérxicamente ata o alto de San Antonio.

Unha vez chegamos a área recreativa, deixamos un ratiño ao alumnado para que xogasen pola súa conta mentres preparabamos o circuito de xogos populares e asabamos as castañas.

Posteriormente realizamos un circuito de xogos populares dirixido polos alumnos/as de 6º curso, o cal foi todo un éxito debido a súa boa labor.

Despois de xogar tamén tivemos tempo para repoñer forzas e degustar as soborosas castañas!

Para rematar a xornada, volvemos camiñando todo o centro pola mesma ruta, pero neste caso "costa abaixo". 

Para o ano repetimos!