Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Participamos nas actividades do “Día europeo do deporte escolar"

O venres 28 de setembre tivo lugar o "Día internacional do Deporte Escolar", que se celebra en moitos colexio europeos para fomentar o deporte e a actividade física.

Nesta ocasión o noso centro tamén se apuntou á efeméride organizando unha serie de actividades deportivas, nas que participarían tanto os nenos/as, como os mestres/as e as familias.

Días antes estivemos preparando todo o material necesario en ámbalas dúas aulas de infantil.

Creanos a nosa parte do cartel xigante:

 

E ideamos os #hastags de cada unha das aulas para o día que tiñamos sinalado no noso calendario online.

 

Cando chegou o gran día, marchamos xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio cara  ó pavillón cos nosos respectivos "#hastags".

 

Onde xogamos ó "vollei-praia", "o pano", "a  pedra-papel-tesoira" e "nunha carreira de canguros".

 

Rematados os xogos, un foto de "familia" con todo o colexio diante do cartel que fixeramos entre todos e todas, acompañados dos noso #hastags. 

 

Logo chegou o turno das nosas familias que "xogaron" un trepidante partido de "hockey" contra os nosos "mestres/as", e claro entre eles estaban moitos do nosos pais e nais e, como non podía ser doutro xeito, o profe Óscar e a profe Cris.

 

Como aínda non estaban cansados de todo, os profes tamén xogaron, desta volta ó futbol, contra os compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Para rematar a xornada entregáronse varios diplomas ó "xogo limpo", á "diversión", ó "esforzo" e á "compañerismo"

 

E por suposto... tamén lle entregamos diplomas ás familias que participaron facendo "deporte" connosco.

 

E así rematou esta xornada  "europea de deporte na escola"

Non te esquezas:  "#beactive", "#faideporte" e "#dallecañaodeporte"

Poderás atopar máis información sobre esta celebración, que tivo lugar no centro, nas diferentes entrada que se publiquen no blog de Educación Física desta mesma web.