Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Reencontrámonos e poñemos todo a punto nas primeras semanas do curso.

Comezamos un novo curso no que, como xa vos contamos na entrada precedente imos ser só 9 nenos e nenas, ademais de non haber ningún conpañeiro/a novo.

Nos primeros días tivemos que adicar moito tempo a reencontranos, re-descubrir a clase e xogar... que xa facía moito que non estabamos xuntos.

  

NOVA FOTO DE GRUPO:

Por suposto tamén tivemos que voltar a facernos unha foto de grupo, e cambiar a que tiñamos na porta pola nova... divertímonos moito tachando os antigos compañeiros que xa non estaban, na foto do curso pasado ;)

 

Recortamos a fotografía para pegala nunha cartolina e logo poder pegala na porta da clase.

 

E, por suposto, tamén asinamos cos nosos nomes arredor dela.

 

Así quedou na nosa porta.

 

Para levala para casa tamén fixemos a nosa particular foto "decorada"

 

 

CREANDO AS NOVAS "BANDEXAS PARA A MERENDA":

Este curso as nosas bandexas foron deseñadas por cada un de nós. En primeiro lugar escollendo a cor da que sería para poder pintala.

 

Logo, cada un foi escollendo no "ordenador" as catro imaxes "do que quixera" poñer na súa bandexa. Tras recortalas, pegalas e escribir o seu nome a bandexa estaba rematada.

 

 

Despois de plastificalas estaban listas para estrenalas na hora da merenda. Quedaron chulísimas!

 

 

 

CREANDO OS NOSOS CARNETS QR:

Con novas fotografías, porque xa medramos, e escollendo a cores coas que escribir o noso nome no ordenador, elaboramos os nosos novos carnets QR.

 

Agora xa poderemos usar os nosos carnets cando sexamos encargados ou levemos o libro para casa.

 

 

ESCRIBIMOS A LISTA COMPRA:

Como necesitabamos algún material que nos faltaba (pegamentos, folios, plastilina ... e ata dinosaurios de xoguete), escribimos unha lista da compra entre todos e todas, para que o profe puidese compralas.

 

 

Despedimos a "Dora Lectora", a mascota de biblioteca que marcha cara o Instituto. Que nova mascota teremos agora?

 

 

 

Cada día fomos completando o NOSO HORARIO SEMANAL, que levamos para casa, cos profes e cousas que sucederían cada semana na nosa aula.

 

Retomamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos para casa tódolos venres, e que anotamos no noso caderno tras sacar a portada da aplicación online co noso carnet QR (que podes atopar no recanto de infantil desta web)

 

Despois de todo un verán, reencontrámonos tamén coa nosa mascota "Rayo", que xa está moi grande.

 

COMPLETAMOS E ACTUALIZAMOS OS REXISTROS DA AULA

Colocamos os números do calendario no seu lugar e creamos unha nova lista de encargados.

 

Cada día comezamos a rexistrar as faltas e o "día que fai" no noso calendario online (que podes ver no recanto de infantil desta mesma web). O encargado pode acceder a el, para facer as anotacións,  usando o seu carnet QR. 

 

Fomos visitar ós nosos antigos compañeiros e compañeiras que agora están en primeiro.

 

E ata saímos na prensa, despois da visita dun fotógrafo que estivo na nosa clase unha mañá, poucos días despois de comezar este curso.

 

Como podes ver sucederon unha chea de cousas, pero aínda queda moito por descubrir en Infantil 2... como sempre irémolo contando neste blogue ó longo das diferentes semanas deste curso.

Benvidos de novo a INFANTIL 2!!!