Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-201) Rematamos a nosa investigación sobre os tabeiróns. Todo está listo para convertir a nosa aula no fondo do mar

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes entradas deste mesmo blogue:

27/04/18: (2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante. 

26/05/18: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre o mar e os tabeiróns. Atopamos a primeiras respostas 

 

Continuamos a nosa investigación sobre o mar e os tabeiróns buscando a respostas ás últimas preguntas que nos quedaban aínda por descubrir.

Varias das preguntas que restaba decidimos investigalas nos equipos cooperativos e, unha vez atopadas as respostas, compartir a información atopada co resto dos compañeiras e compañeiras. Como sempre o primeiro era acordar dentro do equipo que "rol" asumiría cada quen.

 

E unha vez rematado o traballo levaron a cabo a auto-avaliación do seu traballo, valorando se "todos traballamos", "falamos para chegar a acordos", "rematamos a tempo" e "recollimos o material".

 

Cada un dos equipos escolleu cal das preguntas restantes quería investigar, para atopar a resposta.

 

Anotando o número da pregunta no cadro de organización, xunto a fotografía do seu equipo.

 

Algúns buscaron en internet, ou no material impreso que tiñamos na aula e ata empregamos unha maqueta para descubrir que comían os tabeiróns.

 

Cada equipo foi tomando nota dos das respostas que ía atopando, coa axuda do mestre nalgúns casos.

 

Coa resposta xa atopada cada equipo acordou de que xeito o ía contar no mural, decidindo qeu fotos acompañarían os textos que xa tiñan escritos.

 

Coa resposta xa plasmada no mural da investigación cada un dos equipos contoulles ós restantes compañeiros e compañeiras, os descubrimentos que fixeran. Antes, por suposto, tiveron que planificar e acordar (coa axuda do mestre) como poderían contalo de xeito que todos participasen.

 

Así quedaron as respostas ás catro preguntas investigadas.

 

As tres preguntas restantes acordamos investigalas todos xuntos, e así o indicamos na táboa organizativa do noso mural.

Entre todos e todas demos conta delas, escoitando o que dicía en diferentes fontes de información (e internet, nas fotocopias que tiñamos na aula, etc...)

 

Así plasmamos, na lista de tabeiróns que tiñamos no mural doutra pregunta, os datos de canto pesaban e medían... agora xa sabemos cal é o tabeirón máis grande. (fai click na imaxe e poderás descubrilo cando a vexas máis grande)

 

Para descubrir como respiran atopamos a información nunha web que se chamaba a "tiburonpedia", un nome que nos fixo moita gracia.

 

Alí descubrimos como respiraban e porque non podían parar de nadar, nin saír moito tempo da auga.

 

Comparamos a súa forma de respirar coa nosa... e eso que ambos respiramos osixeno... pero de lugares diferentes. 

 

Para rematar a nosa investigación, atopamos a resposta á pregunta "Como cazan?", descubrindo que empregan os seus sentidos, que son máis dos que temos os humanos.

 

E así, cun gráfico, o plasmamos no noso mural da investigación.

 

Por fin o noso mural estaba xa completo, con tódalas preguntas coa súa resposta. Un traballo feito entre todos e todas.

 

Coa investigación rematada, e con tódolos datos que precisabamos xa descubertos, estamos listos para convertir a nosa aula no fondo do mar, e poder facer nela unha festa, tal como decidiramos e tiñamos fixado como producto final desde o comezo desta investigación. 

Seguide atentos ás entradas deste blogue onde vos manteremos informados desta "transformación acuática" da nosa aula, así como da creación do dosier persoal coas respostas atopadas.