Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Continuamos a investigar sobre o mar e os tabeiróns. Atopamos a primeiras respostas

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes entradas deste mesmo blogue:

27/04/18: (2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante. 

 

Durante varios días estivemos xuntando toda a información que nos ían enviando as nosas familias por correo electrónico, en vídeos moi interesantes, como fotocopias impresas, como curiosos murais e ata nunha fantástica maqueta.

 

Todos xuntos comezamos a investigar a primeira das preguntas "CANTOS TABEIRÓNS HAI? DE QUE TIPOS?" 

Para elo usamos un dos nosos videos (que podes atopar no recanto de infantil no apartado vídeos), anotando nunha lista tódolos nomes de tabeiróns que ían saíndo.

 

Decidimos que, para contalo no mural da investigación deberíamos incluír tamén unha fotografía de cada un deles, así que fomos elexindo entre todos cal delas queríamos poñer para cada tabeirón.

 

Tan só quedaba escribir o nome do tabeirón...

 

E ir pegándoos un a un no mural da investigación.

 

Así quedoua lista unha vez rematada, tamén anotaríamos que había preto de 370 tipos diferentes, e usaremos esta mesma lista para anotar algúns datos de cada un como "canto pesan" ou "canto miden", que tamén estaba na nosa lista de preguntas.

 

Anotamos no cadro de organización de traballo que esta pregunta, a número 1, a investigamos "todos xuntos"

 

Días despois continuamos coa investigación, nesta ocasión traballando por equipos cooperativos para que, cada un dos equipos, investigase unha das preguntas para atopar así as respostas entre todos e todas.

Tras acordar dentro de cada equipo os roles de cada un (encargado de material entre outros) e decidir de forma acordada cal das preguntas posibles querían investigar, anotaron a súa decisión no cadro de organización de preguntas.

 

Algúns dos equipos atoparon a resposta á súa pregunta nun vídeo, outros en fotocopias ou textos escritos (que pediron ó mestre que o lese)

 

Cada un dos equipos acordou a forma en que quería plasmar as respostas que atopou no mural, se precisaban incluír unha fotografía para acompañalo, que texto escribir, se empegrar flechas ou debuxos... e puxéronse mans á obra de forma acordada entre eles.

 

Así quedaron plasmadas o muras as catro preguntas que xa tiñan resposta, atopada polos respectivos equipos.

 

Tras cada momento de traballo cooperativo, cada un dos equipos levaou a cabo a súa "auto-avaliación" figuro-analóxica, para valorar os diferentes aspectos do seu traballo, nos panel do equipo, usando unhas "caras contentas, pensativas ou tristes"

 

Tan só restaba que cada un dos equipos lle contase ó resto dos compañeiros e compañeiras, os descubrimentos que fixera para cada unha das preguntas. Eso si, antes tiveron que poñerse dacodo e planificar como ía a contar a resposta ós demais compañeiros.

 

E por suposto respostando ás preguntas que os compañeiros lles facían a cada un deles.

 

Aínda nos quedan algunhas preguntas por respostar antes de que teñamos toda a información e podamos poñernos "mans á obra" para convertir anosa aula no fondo do mar e facer unha festa.