Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Rematada a investigación sobre os gatos creamos o noso vídeo-documental. Queres velo?

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:


28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo.  

18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas.  

 
Con todas as respostas xa atopadas continuamos a completar o noso dossier individual, que levaríamos para as nosas casas ó rematar o trimestre.
Coa axuda das respostas que ase atopaban no mural da investigación puidemos ir completando as diferentes páxinas do dossier. Enumerando tamén as páxinas do mesmo.
Podes ver como quedou o noso dosier rematado, neste exemplo. Fai click sobre a seguinte imaxe:
Co dossier xa rematado, chegaba o turno de crear o producto final que nos marcáramos ó comezo da investigación: "crear un vídeo-documental" sobre os gatos para as nosas familias e os compañeiros de infantil 1.
Entre todos, a través de diferentes diálogos fomos anotando "o que queríamos contar no documental" a partir de todo o que foramos descubrindo ó longo das semanas.
Coas diferentes frases xa asignadas a cada quen, pensamos que sería interesante que detrás de cada un de nos falando saíse unha imaxe relacionada, para o que o preparamos o noso "set de rodaxe" cun chroma verde.
Rematadas as grabacións de cada un de nos, visionamos o vídeo e decidimos que imaxes poñer de fondo en cada caso.
Aprendemos que o ordenador "podía saber" que parte era de cor verde e poñer no seu lugar a foto que elexíramos, tan só poñéndoa " debaixo do vídeo.
Visionamos o vídeo documental xa completo, co título e os créditos finais.
Así quedou o noso vídeo documental xa rematado, podes velo de seguido:
Tan só quedaba dalo á coñecer a todos e todas, a mellor forna de que calquera puidese velo pareceunos usar un "código QR" que usamos habitualmente.

 

E así o plasmamos no noso mural da investigación:

 

 

Comprobando, por suposto, que o código funcionaba correctamente con unha das nosas tablets.

 

Usamos o mesmo código no noso dossier persoal, para que puidesemos velo nas casas. Cada un comprobou que efectivamente funcionase o código e se puidese ver desde el o vídeo.

 

Despois dun diálogo pensamos que tamén queríamos que se puidese ver na televisión, así que preparamos un CD co noso documental no seu interior.

 

Escribindo o título do documental nunha pegatina circular que cada quen pegou no seu CD, que dentro do seu sobre quedou listo para levalo ás nosas casas.

 

Tal como indicaba no noso mural da investigación, levámosllo ós nosos compañeiros e compañeiras de infantil 1 e, á volta de vacacións farémosllo chegar a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.

Revisamos o que dixeramos ó comezo da investigación e contrastámolo con todo o que descubrimos ó longo do proceso. Dixémoslle o profe que fora "cambiando" aqueles datos que non eran de todo correctos, por aqueles xa sabíamos agora.
Chegaba tamén o momento do poñer  o noso mural no corredor, para o que tivemos que "discutir" en que lugar poñelo. Finalmente acordamos retirar o da muralla chinesa do curso pasado, e no seu lugar poñer a nosa investigación sobre os gatos.
Xa está listo para que calquera poida consultalo no noso corredor.
E, por suposto, ver o vídeo documental gracias ó codigo QR que incluímos.
A falta de repartir, como xa comentamos, o vídeo-documental entre os compañeiros e compañeiras de primaria, rematamos a investigación sobre os gatos.
Xa no terceiro trimestre embarcarémonos nunha nosa investigación, que aínda teremos que decidir entre todos e todas. Como sempre teredes cumprida conta neste blogue.