Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Experimentamos para crear cores que se poden tocar... queres saber como facelo?

Este mes, o noso experimento científico na aula, veu da man dos nosos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, que estan a investigar sobre o "arco da vella" dentro do seu proxecto de traballo (mentras nos seguimos a afondar na nosa investigación sobre os gatos)

Un dos equipos da outra aula foi o encargado de explicarnos como facer "cores que se poden tocar", coas que eles fixeron arcos da vella. Estivemos moi atentos a como mesturar a cola, espuma de afeitar e colorante para conseguilo.

 

Así lles quedaron a eles unha vez secos e si... podían tocarse as cores!

 

Con tódolos datos claros e tras preprarnos nos equipos con guantes para non marcharnos, comezamos a repetir o experimento en cada un dos equipos. Conseguiríamos o mesmo resultado que os nosos compañeiros?

 

Cada un dos equipos tivo que acordar como levar a cabo os pasos para facer o experimento. Quen se encargaría de engadir a espuma de afeitar, a cola e o colorante.

 

Cada un dos equipos tivo tamén que acordar, de forma dialogada que cor usarían para a súa pintura.

 

Con todo dentro da bolsa tan só quedaba mesturalo ben.

 

E facéndolle un pequeno corte, nunha das puntas da bolsa, tal como nos contaron os compañeiros e compañeiras da outra aula, puidemos pintar coas nosas "cores en volume".

 

Así quedou a nosa creación, feita entre todos, despois da fin de semana comprobaremos se se "pon dura" e podemos tocala...

 

E así quedou cando secou despois do fin de semana

 

Nesta ocasión, a creación do vídeo onde se explica o experimento, correrá a cargo dun dos equipos dos nosos compañeiros de Infantil 1, que poderás ver nuns días no apartado "vídeos" do recantanto de infantil.

 

Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:

11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos?

04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu?

27/01/18: (2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo? 

Lembra
que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como
do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou
directamente desde 
AQUÍ.