Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Deseñamos, creamos o disfraz de Minions no obradoiro coas nosas familias, e participamos no desfile do Entroido

Este curso, ademais de seguir as instruccións que "Dora mandaba",  todo o centro iría disfrazado polo entroido de "películas de cine", dentro da temática do proxecto de biblioteca e do traballo previsto para o "Salón do libro".

En infantil fomos disfrazados de Minions. De seguido contámosche como foi todo o proceso desde a elección e deseño do disfraz, ata a participación on desfile con todoo colexio, pasando polo obradoiro de confección do mesmo coas familias.

 

DECIDIMOS, DESEÑAMOS E REDACTAMOS AS INSTRUCCIÓNS PARA FACER O NOSO DISFRAZ:

Mirando as entradas do curso pasado, publicadas neste mesmo blogue, comentamos e presentamos ós novos compañeiros e compañeiras, como foi a celebración, creación do disfraz e desfile do Entroido.  Acordamos facelo este ano igual, tan só faltaba decidir de que nos queríamos disfrazar.

 

Despois de coñecer que todo o colexio iría disfrazado de películas, e tras un diálogo onde cada quen fixo as súas propostas, acordamos quedarnos coa idea de ir de MINIONS.

 

Atopamos en internet un disfraz de Minion no que inspirarnos e, todos xuntos, fomos pensando e escribindo que material pensábamos que podíamos usar para facer cada parte do disfraz.

Os profes encargaríanse de mercar aqueles que non tiñamos no almacéndo colexio, onde os fomos buscar.

 

En cada unha das aulas fomos creando o noso primeiro deseño de disfraz, empregando os materiais que acordaramos todos xuntos. En cada paso debatíamos como facelo e facíamos unha fotografía do momento, que usaríamos logo para incluír nas instruccións que, acordamos había que escribir para que puidesen usalas cando viñeran as nosas familias.

 

Ademais, fomos escribindo de forma acordada, cada paso que iamos dando, discutindo sobre que como poñelo para que non dera lugar a equivocacións (cortar pola parte de arriba, pegar dous círculos negros....)

 

Así quedou un dos deseños de disfraz unha vez rematado, sería o que empregaría o profe durante durante o desfile.

 

En cada aula creamos un gran panel coas instruccións para facelo, indicando as cantidades, enumerando o pasos e escribindo xunto á foto, cada un deles.

 

Xa estaba todo listo para cando viñeran as nosas familias ó colexio a participar no obradoiro e, para que o tivesen claro, ó lado puxemos o noso deseño.

 

OBRADOIRO COAS FAMILIAS:

Tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online, por fin chegou o día no que virían as nosas familias ó colexio a participar no obradoiro de creación de disfraces.

 

Preparamos e organizamos todo o material que precisaríamos no obradoiro, contando que cantidade de cada un precisaríamos.

 

Cando todo estaba xa listo, nos diferentes turnos que había organizados, as nosas familias viñeron a nosa clase a facer con nós os disfraces, seguindo os pasos indicados nas instruccións que redactáramos.

Naqueles casos nos que non puideron vir as nosas familias, porque estaban traballando, viñeron a axudarnos irmáns ou amigos de outros cursos... que participaron encantados ;)

En infantil 1:

 

... e en Infantil 2:

 

Seguindo as instruccións que redactáramos o último paso era facerse unha fotografía.

 

Así de fantásticas quedaron as fotos que nos fixemos. Queres velas?:

Fai click na imaxe para ver tódalas fotografías

 

 

GRAZAS A TODOS E TODAS POLAS O VOSA INESTIMABLE COLABORACIÓN E POR TER PARTICIPADO NESTE XORNADA DE CONVIVENCIA COS VOSOS FILLOS E FILLAS NO COLEXIO.

 

Xa estaban os nosos disfraces listos, agardando a que chegase o gran día do desfile do Entroido.

 

 

CREANDO UNHA PANCARTA PARA O DESFILE:

Lembrando o que miráramos na web do colexio, do desfile do entroido do curso pasado, dímonos conta de que precisabamos unha pancarta para presentarnos durante o mesmo.

Escribimos unha lista do material que pensabamos íamos precisar para facela, e fomos buscalos ó almacén.

 

Debatimos para chegar a un acordo sobre que texto poñer na pancarta.

 

Tan só quedaba escribir a nosa parte e pegar, xunto ó texto, fotos de Minions que buscamos en internet, cada un elexiu a súa favorita.

 

Cando remataron en infantil 2, pasáronlla ós compañeiros da clase do lado (infantil 1) para que fixeran a súa parte.

 

Xa estaba rematada a pancarta... Quedou fantástica!!!

 

 

DESFILE E FESTA DO ENTROIDO:

Por fin chegou o gran día do Desfile do Entroido, tal como o tiñamos anotado nos nosos calendarios online.

Antes do desfile pasámolo de medo maquillándonos :)

 

Aproveitamos para darlle os últimos detalles ó disfraz do profe Paulo, que este curso quixo vir disfrazado de Minion coma nós ;)

 

Organizamos e, por suposto probamos, os postres e doces do Entroido que trouxemos das nosas casas.

 

E ata recibimos a vista dun "rebaño de ovellas",  os compañeiros e compañeiras da "Galiña azul" (algúns deles estarán no noso cole o curso que ven), que non podían participar no noso desfile porque era moi tarde, pero quixeron facelo antes.

Quedamos en pasar nos tamén por dianta do seu cole e "facer moito barullo" para que saísen a vernos.

 

Despois do recreo chegou o noso turno, comezamos a prepararnos para participar no desfile do Entroido xunto os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

Unha foto de grupo antes de saír... todos e todas listos?

 

Fomos percorrendo as rúas do concello saúdando ó publico, entre os que estaban as nosas familias, que quixeron acompañarnos por todo o percorrido.

 

Paramos diante da "Galiña azul" e fixemos moito ruido, tal como acordaramos, e alí puidemo saúdar ós nosos compañeiros, que esta vez nos viron a nos disfrazados.

 

Continuamos o nos percorrido polas rúas do concello.

 

Ata que voltamos novamente ó colexio.

 

E para rematar esta fantástica xornada, degustamos os postres do Entroido que trouxeramos para compartir cos compañeiros e as familias.

 

Lembra que no DVD que se enviará o final de curso poderás atopara un vídeo co desfile do Entroido.

 

Podes descargar a Unidade Didáctica Integrada (UDI) desta tarefa desde aquí. Tamén podes atopala como pública en prográmame-UDIS de www.recursoseducativos.net (usuario oscar_abilleira)