Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

2017-2018 IMOS AO CINE!!!!!!!

 

Dentro do proxecto "1,2,3...RODANDO LIBROS" e para ir abrindo boca, oranizamos dende o equipo de biblio unha sesión de cine. Tratouse, neste caso, dunha peli moi,moi especial e de plena actualidade: COCO

Miguel é un neno que vive co soño de convertirse nunha lenda da música a pesares da prohibición da súa familia. A súa paixón levaráo a adentrarse na "Terra dos mortos" para coñecer o seu verdadeiro legado familiar.

Unha película chea de emocións, sentimentos, moi conmovedora, que a máis de un lle fixo soltar algunha bágoa...