Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de decembro

A piques de rematar as clases deste primeiro trimestre, celebramos os cumpleanos dos compañeiros que estaban de aniversario no mes de decembro.

Uns días antes os homenaxeados escolleron a súa tarta favorita no noso libro de receitas, e prepararon a nota de ingredientes para levar para as súas casas, tendo en conta os ingredientes que xa tiñamos na clase.

 

Un día antes da celebración comezamos a elaborar a nosa trata de galletas Oreo e chocolate.

 

Seguindo as indicacións da receita e as cantidades nela indicada, fomos seguindo os pasos ata crear a nosa tarta favorita.

 

Despois de deixala toda a noite no figrorífico por fin chegou o momento de celebralos, soprando as respectivas candeas.

 

Finalmente, coa axuda dos profes, os homenaxeados foron repartíndoa entre os compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas.

 

E rematamos a festa con patacas fritidas, gusanitos e zume de piña para todos e todas.

 

Á volta das vacacións, xa no novo ano, continuaremos a celebrar os aniversarios dos restantes compañeiros e compañeiras.