Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Avanzamos no noso proxecto sobre os gatos... así vai a nosa investigación

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:

28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo. 

18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas. 

 

Nas últimas semanas continuamos a investigar para atopar á resposta ás preguntas do noso proxecto que aínda quedaban por descubrir.

Para atopar a resposta a "ONDE VIVEN OS GATOS", decidimos investigala todos xuntos, para elo levamos a cabo unha choiva de ideas e fomos anotando os lugares nos que cada quen pensaba que podían vivir.

 

Logo, buscando entre os vídeos do noso recanto de infantil, atopamos un onde explicaban os lugares nos que vívían os gatos. Entre todos e todas fomos anotándoos nun listado

 

Despois de contrastar os "lugares" que descubríramos coas nosas hipóteses previas, acordamos a forma de plasmar as respostas no noso mural da inviestigación.

 

E así quedou finalmente plasmado, coas fotografías que escollimos entre todos e todas para cada unha das respostas atopadas.

 

Días despois continuamos a investigar novas preguntas, para o cal pensamos que o mellor sería investigalas por equipos cooperativos, para logo poder intercambiarnos información atopada.

Cada un dos equipos, despois de acordar e asignar os roles de cada integrante dentro do mesmo, decidiu cal das preguntas investigaría, anotando o seu no número na táboa da organización.

 

Cada un dos equipos comezou a investigar, por turnos e, nesta ocasión, co apoio do mestre, a pregunta que lle correspondera.

Cada un foi intentando atopar a resposta nas fontes que acordaba utilizar: no ordenador, nas fotocopias, nos libros... usando unha ou outra, e cambiando entre elas cando non se atopaba a resposta á pregunta.

 

Cando atoparon a resposta anotánona nun papel para non esquecerse ;)

Despois dun novo acordo no equipo decidiron como plasmar as respostas no mural, decidindo que precisaban ademais do texto que escribiran (segundo a hipótese na que se atopaban no desenvolvemento natural do proceso lecto-escritor)

 

E así quedaron plasmadas as respostas no mural da investigación, tal como acordaron en cada un dos equipos.

 

Cad un dos equipos planificou a forma en que podía contarlle as respostas atopadas ó resto dos compañeiros, co material, fotografías e vídeos que considerasen preciso.

 

Deste xeito xa estamos a punto de completar o noso mural da investigación con tódalas respostas atopadas... xa nos quedan menos preguntas para poder comezar a planificar a rodaxe da nos película-documental sobre os gatos.

 

Seguide atentos ó noso blogue para descubrir como rematamos a nosa investigación respostando ás preguntas que aínda nos quedan.