Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de novembro

No mes de novembro só Mariña celebraba o seu aniversario. Despois de anotalo no noso calendario online, fomos controlando cada un dos días da semana cando chegaría a data da celebración

Cando se achegaba a data sinalada MARIÑA escolleu unha das tartas do noso libro de receitas.

 

Partindo dos ingredientes que indicaba fomos anotando cales tiñamos na clase e cales habería que mercar.

 

Despois de levar unha nota para casa, cos ingredientes que precisábamos o día antes da celebración do cumpreanos tivemos que preparar a tarta elexida, comprobando se tiñamos a cantidade de tódolos ingredientes que indicaba.

 

Despois de lavar as mans fomos elaborando entre todos e todas a tarta de cumpreanos seguindo os pasos da receita... coa axuda dos demais compañeiros e compañeiras. 

 

Despois de metela no frigorífico ó día seguinte xa estaba lista para a gran celebración, tan só faltaba decorala con lacasitos e plátano, tal como indicaba a recieta.

Mariña soprou as 4 candeas despois de que lle cantasemos o "cumpeanos feliz".

 

Tan só quedaba repartila entre tódolos convidados á celebración.

 

Para rematar a festa con patacas fritidas, gusanitos e zume de piña que é o noso favorito.

ç

 

Agora tan só teremos que agardar ata o mes que ven para celebrar os noúltimos aniversarios do ano.