Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas.

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:

28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo. 

 

Continúamos a investigar sobre os gatos para, con tódalas respostas que atopemos ás nosas preguntas, crear un vídeo con "curisidades sobre os gatos".

A última información, chegada das nosas casas, foi por correo electrónico e entre ela puidemos atopar un vídeo que nos enviou a nai de HÉCTOR, onde saía co seu gato Flor, que nos presentou a todos e todas. 

 

Por suposto respostámoslle ó correo dándolle as grazas polo vídeo.

 

Agora si, xa con toda a información organizada, era o momento de comezar a buscar, e atopar, as respostas a tódalas nosas preguntas.

 

A primeira investigaríamo-la todos e todas xuntos:

PARA QUE E POR QUE MOVEN O RABO?

Anotamos no panel de organización o número da pregunta xunto a foto de "todos xuntos".

 

Atopamos a resposta buscando entre os vídeos que temos no recanto de infantil desta web, e na información que trouxemos da casa.

 

Plasmamos as respostas no mural da investigación.

 

Acordamos que tamén deberíamos, ademais de escribir, engadir algunha fotografía para que quedase claro para todos e todas "que significa cando moven o rabo de determinado modo"

 

Días despois aventurámonos na búsqueda das respostas a catro novas preguntas, neste caso traballando nos equipos cooperativos.

O primeiro foi, como sempre, acordar os roles que cada quen desempeñaría no equipo (encargado de material, de escoitar e de falar baixiño)

 

Repartidas as preguntas cada equipo anotou no cadro de organización o número da pregunta que nos correspondía investigar, escribíndoa ó lado da foto de cada equipo.

 

Como fonte de información empregamos as tablets da aula para visionar os vídeos do "recanto de infantil" para ver se nalgún deles daba a resposta á pregunta que nos correspondía.

 

Discriminando así a información relevante neste momento do resto da información que dicían no víado. 

 

Fomos anotando, con axuda do profe, os datos relevantes da pregunta que nos correspondía... a medida que as ía comentando no vídeo, voltando a escoitalo se era preciso.

 

E unha vez rematado o traballo auto-avaliamos o noso traballo de formar acordado no panel de avaliación figuro-analóxica ("o panel das caras")

 

Ó día seguinte, cada equipo acordou de que xeito podería plasmar as respostas que atopara no mural da investigación... prescisaban usar fotografías? que escribirían?

 

Deste xeito cada equipo foi plasmando no mural as respostas á súa pregunta segundo tiñan acordado.

 

E velaquí as respostas que atopou cada equipo e como plasmou as respostas no mural.

 

 

 

 

E deste xeito, pouco a pouco imos completando noso mural da investigación.

 

Con todo reflexado no mural, cada un dos equipos tiña agora que "contarllo" os restantes equipos, para o cal primero contaron cun tempo para planificar como o ía contar, que materiais precisarían e quen diría que.

 

Deste xeito foron contando uns ós outros, os descubrimentos feitos, empregando as fotografías e incluso ensinándolles os vídeos onde atoparan as respostas ás preguntas. Ata respostaron algunha pregunta dos compañeiros e compañeiras dos restantes equipos.

 

Cando un dos equipos estaba amosando o vídeo ond atoparan as respostas, descubrimos que había algo que lles "pasara desapercivido"... os gatos tamén comían herba para limpar os dentes.

O equipo que investigara a pregunta decidiu anotar ese novo dato no mural da investigación, onde tiñan anotado o resto das información da pregunta.

 

E así quedou definitivamente a resposta a esta pregunta.

 

Unha mañá atopamos un libro sobre o noso buzón cunha carta escrita, era da profe ZAIRA, que nos deixaba un libro titulado "O rei da casa" onde un gato era o protagonista.

Escribímoslle unha carta de resposta entre todos e todas no encerado, que pasamos logo a un papel.

 

Ademais acordamos que podíamos deixarlle un dos nosos libros favoritos, da biblioteca de aula, así podería quedar con el mentras nos tivesemos o seu.

 

Despois dun traballo de "investigación" para descubrir onde podería atoparse, achámola na súa aula e así puidemos entregarlle a carta e o libro.

 

Aínda nos queda moito por descubrir no noso proxecto de investigación sobre os Gatos, como sempre iremos contándovolo neste blogue.