Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Así preparamos e participamos na celebración do Magosto en Infantil

Como podedes ver na entrada publicada no recanto de dinamización da lingua galega, este ano o centro celebrou o Samaín cunha camiñada ata San Atoniño de Penalva, e por suposto, en Educación Infantil tamén participamos.

Pero antes de que chegase o gran día anotamos nos calendarios online das nosas aulas a data na que tería lugar e fomos recollendo as castañas que fomos traendo das nosas casas, gracias a nota que previamente escribimos.

Tivemos tamén que preparar os nosos cestos para "as castañas asadas" usando uns cartóns de leite e pintando coas nosas mans o papel para envolvelo.

 

Con un pouco de traballo demos feito un cesto para cada un.

 

O día da celebración do Magosto, miramos nun mapa o percorrido que iamos ter que facer para chegar ata onde se celebraría a "festa", marcando o percorrido e facendo hipóeses do que críamos que nos íamos atopar polo camiño, cando baixásemos camiñando. Posto que que subiríamos en autobús.

 

Cando estabamos agardando a que chegase o autobús a recollernos, recibimos unha mensaxe do profe Paulo, que marchara xa camiñando cos maiores e primaria, pedindonos que subisemos o botiquín.

Puxémonos mans á obra para meter nel todo o que percisaríamos.

 

E por fin chegou o momento... o autobús estaba agardando xa por nos para chegar ata "San Antoniño" onde participaríamos na celebración do Magosto.

 

Cando chegamos alí... e mentras agardábamos a que todo estivese preparado, estivemos exploando o entorno para descubrir todo o que había pola zona.

 

Subimos ata o máis alto para facernos estas fantásticas fotos de grupo ;)

 

Descubrimos moitísimos "misterios" e atopamos unha chea de "tesouros" explorando a natureza.

 

Despois dun descansiño para tomar a merenda...

 

... chegou o momento de participar en xogos tradicionais, dirixidos polos compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Despois dos xogos chegou o gran momento... por fin puidemos comer as castañas asadas. Fómolas metendo nos nosos "super-cestos", cun compartimento especial para meter as cáscaras :)

 

A profe Loli foinos manchando a cara coa "borralla"...

 

... deixonos a todos coa cara de cor negra.

 

Rematada a festa chegou o momento de facer a camiñada para chegar ó colexio, menos mal que era costa abaixo.

 

Despois dese fantástico paseo polo monte... por fin miramos ó lonxe o colexio. Conseguíramos baixar toda a montaña !!!

 

Foi unha experiencia fantástica :)

Queres descubrir o percorrido que fixemos?... velaquí o tes.