Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) E ademais... nas útimas semanas tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Nestas últimas semanas, antes de comezar novembro, ademais de continuar coa nosa investigación sobre os gatos, celebrar o Samaín, facer o noso primeiro vídeo do experimento e todo o que xa vos contamos noutras entradas anteriores, tamén sucedeu todo isto: 

Despois duns días de incendios pola zona, comentamos o sucedido na clase a través de diferentes diálogos, plantexándonos moitas preguntas sobre as causas e as solucións que se nos ocurrian.

 

Tivemos tamén que cambiarlle a auga á nosa tartaruga "RAYO".... porque comezaba a estar bastante "roñenta" ;)

(descubre como chegou RAYO a nosa aula desde AQUI)

 

LEVAMOS LIBROS PARA CASA OS VENRES:

Un curso máis levarmos os venres un libro para as nosas casas, nestas primeiras semanas tivermos que explicarlles ós novos compañeiros e compañeiros como facelo.

Buscando o número do libro na "aplicación online da biblioteca" dispoñible no recanto de infantili desta web...

 

... e usando o noso "carnet QR" (do que xa vos falamos nunha entrada anterior), podemos imprimir a portada do libro, traballando por parellas.

 

Coa portada completamos o noso "caderno dos libros para casa" escribindo ademais algúns datos como o  númeroo libro e o título no caso dos compañeiros e compañeiras de máis idade, e o seu nome no caso dos de 3 anos.

 

Finalizado o rexistro tan só queda meter o libro na carpeta e deixalos preparados para levar para casa.

 

 

TRABALLANDO COS ROBOTS:

Retomamos o noso traballo cos robots que temos na aula,  comezando a explorar as posibilidades dalgúns deles ;)

Axudamos ó BEEBOT a facer percorridos...

 

... e tamén na súa versión "online" que podes atopar no apartado de xogos, no recanto de infantil desta web.

 

Conseguimos que os ozobots seguisen as liñas para chegar ó seu destino, copletando as partes que faltaban.

 

 

RECONSTRUÍMOS O NOSO RECANTO DE RECICLAXE:

Voltamos a construír as nosas caixas de reciclaxe, porque as que tiñamos estaban moi estropeadas. O primeiro foi explicarlles ós novos compañeiros e compañeiras, e lembrar nós mesmos, como funcionaban... e para elo que mellor que a nosa canción favorita "dos monos rockeros" (que podes ver AQUI no reanto de infantil, no apartado de vídeos desta web)

 

Pintamos unha caixa de verde para o "resto do lixo" e outra amarela para os embases, plásticos e briks.

 

Pegamos en cada caixa "exemplos" do lixo que habería que tirar en cada unha delas.

 

E así quedaron as dúas novas caixas de lixo... xunto coa azul para o papel e cartón que xa tiñamos feita.

 

Por suposto tamén lle escribimos un cartel co tipo de lixo que ía en cada unha, para que non quedase dúbida: PAPEL, PLÁSTICO e "BASURA".

 

Un día sorprendeunos ver ó noso compañeiro ADÁN nunha nova do xornal, falaba de que era o último neno do seu pobo. Lemos a noticia no xornal de papel e mirámola tamén na versión dixital... así ADÁN puido comentarnos como "fixo" para aparecer nese xornal.

Podes ver o artigo de "La Voz de Galicia" onde foi publicado na súa version online na seguinte ligazón:

La Voz de Galicia -Adán el último niño de Mullerboa.

 

Participamos na celebración do día das Bibliotecas, organizada pola Biblioteca do colexio.

 

SEMENTAMOS UNHA LANDRA:

Una mañá o noso compañeiro ÓLIVER trouxo a clase unha "chea de landras"... estivemos falando sobre elas e alguén comentou que "servían" para que logo nacesen carballos.

Comprobámolo mirando un vídeo onde se comprobaba como a landrá medraba ata convertirse nunha árbore que daba outras landras "un CARBALLO".

 

Por suposto quixemos comprobalo por nós mesmos, así que puxémonos mans á obra para sementar unha das landras.

 

Haberá que esperar ata que comece a xermolar... manterémosvos informados :)

 

Unha vez a semana, xuntámonos cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1 para ler "libros xuntos" por parellas, con un integrante de cada unha das aulas.

 

Comezamos a descubrir as posiblidades e nosa creatividade musical, nas sesións na aula de música, á que neste curso imos co noso profe ÓSCAR.

Unha das cousas que fixemos foi cantar a canción da toupiña usando instrumentos para facer os sons da mesma... foi moi divertido. 

 

EXPLORAMOS A NOSA CREATIVIDADE:

Temén continuamos coa nosa "cita semanal" coa témpera no block de debuxo, traballando nos equipos para acordar decisións sobre as cores, compartir un único pincel, recoller o material... e por suposto deixar voar a nosa creatividade e a imaxinación.

 

Tamén exploramos a nosa creatividade creando figuras  e construcións en volume con diferentes elementos que temos na aula... foi moi divertido.

 

COMEZAMOS A ENCHER O NOSO DICIONARIO XIGANTE:

Como cada comezo de curso o noso dicionario xigante volta a estar valeiro, nesta ocasión tivemos tamén que construílo de novo, posto que o do curso pasado estaba todo destrozado.

 

Explicámoslle ós novos compañeiros e compañeiras, e á profe CRIS, como traballábamos co dicionario xigante, enchéndoo das nosas palabra favoritas con cada letra.

O primeiro é xuntarse ambas clases e "dicir palabras coa letra que esa semana usaremos para encher o diccionario". Este curso os profres traen, como palabra favorita de cada letra "o título dun conto" que, por suposto lemos despois de dicir as nosas palabras favoritas.

 

Logo, despois de repartilas pola "metade" para dúas aulas, por parellas ou grupos imos imprimindo, na aplicación online do diccionario (que podes atopar no recanto de infantil) a palabra que lle tocou a cada un, e que previamente escribiu nun anaco de papel. Hai que ter coidado porque se te equivocas ó poñer algunha letra sae unha cara avisando de que non está ;)

 

Sempre acordamos imprimir "1 foto grande" para o diccionario xigante e un número de fotos pequenas, que cambia cada semana, para logo usalas no noso diccionario individual.

 

Entre as dúas aulas, cada semana imos enchendo coas nosas palabras favoritas o noso diccionario xigante, pegando nel a palabra que escribimos xunto a foto que imprimimos.

 

Por último, cada un de nos, escolle, escribe e pega no seu dicionario persoal, as palabras favoritas da que hai no dicionario xigante. 

 

DESENVOLVENDO A PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN:

Encántanos baixar, unha vez á semana, durante dúas horas, ó pavillón do colexio a desenvolver a nosa psicomotricidade... este curso voltamos a baixar co noso profe ÓSCAR.

Percorremos circuitos.

 

Desprazámonos no espazo de diferentes formas.

 

Coordinamos os nosos movementos cos dos compañeiros e compañeiras en diferentes xogos.

 

Xogamos a xogos tradicionais como a "pita cega".

 

E ata "imaxinamos" que estamos nun Zoo visitando animais e convertíndonos nos mesmos ;) facendo os seus "movementos"

 

E como sempre, ó rematar, dámoslle unha forte apreta ás árbores que temos ó lado do pavillón, ademais de observar como van cambiando co paso dos días, cada vez que baixamos ó pavillón.

 

Podes ver outras moitas cousas que sucederon na nosa aula nas últimas semanas, en entradas enteriores deste mesmo blogue.

 

Nas vindeiras semanas iremos publicando novas entradas sobre a evolución do noso proxecto de investigación sobre os Gatos que xa está dando os seus primeiros resultados, asi como de outras moitas cousas que sucederán na aula de Infantil 2.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.