Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Chega o Samaín... así nos preparamos na nosa aula, creando un monstruo xigante.

Para celebrar o Samaín participaríamos nos obradoiros e exposición de cabazas organizada no centro, pero antes había que preparalo todo... e facer outras moitas cousas na nosa aula sobre o tema.

 

CREAMOS UN MONSTRUO XIGANTE:

Para asustar a todo o mundo decidimos que nada mellor que facer un monstruo xigante, para poñer no corredor (os de infantil 1 farían outro tamén). Despois de probar diferentes formas de facer un monstruo tan grande ocurríusenos a idea de debuxar "o rededor" do profe (a silueta). Foi moi divertido  ;)

 

Tan só quedaba repasar as liñas e...

 

... cortar a silueta do monstruo xigante.

 

Entre todos fomos pintando o corpo do monstruo.

 

Organizados en equipos cooperativos, repartímonos as diferentes partes que teríamos que poñer no noso mostruo. A cada equipo lle correspondía un par de partes en concreto, que debía atopar entre todas as dispoñibles.

 

Acordando unha estratexia para facelo de forma coordinada, dentro de cada equipo,  todos deron recortado as difentes partes que lles correspondían, clasificándoas en dous grupos para non mesturalas.

 

De paso aproveitamos para xogar con elas a convertirnos tamén nos en monstruos.

 

Cada equipo foi o encargado de organizar as caras para poder plastificalas (coa axuda e supervisión do profe)

 

E por último restaba cortalas... xa estaban listas par construír o noso monstruo.

 

Cada un dos equipos deseñou, de forma acordada entre todos os integrantes do mesmo, e coa participación de todos, o seu monstruo pegando das diferentes partes do mesmo.

 

E así de fantásticos quedaron os monstruos dos diferentes equipos, fixémonos unha foto diante do noso monstruo:

 

 

Escribimos un cartel convidando ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio a construír o seu monstruo.

 

Indicamos nun cartel que PODÍAN CAMBIAR O MONSTRUO. 

 

Finalmente cada un dos equipos, tivo que acordar un nome para o seu monstruo, e cando estiveron dacordo buscaron a forma de escribilo nas fotografías que fixeramos do mesmo.

 

 

UNHAS PANTASMAS FEITAS COS PES, PARA DECORAR O CORREDOR:

Ademais do monstruo xigante, no corredor de infantil, para que dese máis medo habería unha chea de pantasmas pendurados do teito, nesta ocasión pintados cos pes.

 

Facía moitas cóxegas cando lle poñíamos a pintura nos pes, e estaba "fría".

 

Cando secaron, tan só restaba recortalos e penduralos no teito do corredor de infantil.

 

Pero por suposto tamén con un cartel anunciador da festa que iamos celebrar. Escribimos pois SAMAÍN letra a letra.

 

E así quedou pendurado o cartel no corredor de infantil.

 

E así coas pantasmas penduradas, todo estaba listo par comezar a celebración do Samaín.

 

 

PREPARAMOS A PARTICIPACIÓN NA EXPOSICIÓN DE CABAZAS:

Ademais de obradoiros, na celebración do Samaín habería tamén unha exposición de cabazas terroríficas, como non todos estabamos no colexio o curso pasado, miramos na páxina web do colexio como fora o curso anterior, explicado polos compañeiros e compañeiras máis veteranos.

 

Para non esquecernos escribimos unha nota para as nosas familias, onde lles pedíamos axuda para poder facer unha cabaza terrorífica e traela ó colexio.

 

E así, un día antes da celebración do Samaín, xuntamos na clase unha chea de cabazas terroríficas. Para poder poñelas na exposición pegámoslle, por turnos, un número a cada unha e fomos escribindo o noso nome ó lado do número que lle correspondera.

 

Estivemos mirándoas con detalle, pero con coidado de non tocalas, porque como comentou algún compañeiro eran moi blandiñas e podían romper se non se levaban con coidado.

 

Con todo organizado, levámolas para a Sala de Usos múltiples, onde xa estaban as cabazas dos compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Estas foron tódalas cabazas que xuntamos entre os compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

DESEÑAMOS E CREAMOS A NOSA PROPIA CABAZA DO SAMAÍN:

Na nosa aula tamén creamos a nosa propia cabaza, o primeiro foi facer un deseño de como podería ser, debuxándoa.

 

Entre as ideas aportadas por todos fomos decidindo o noso deseño. Que forma terían os ollos, e o nariz...?

 

Tan só nos restaba ir debuxando sobre a cabaza o deseño acordado entre todos e todas.

 

E despois de que o profe a cortara polas liñas tivemos que quitarlle as diferentes partes que sobraba. Como xa fixeramos as nosas na casa xa somos todos uns expertos no tema.

 

Valeirala foi moi "asqueroso" pero moi divertido ;)

 

E así quedou, unha vez rematada, a nosa cabaza terrorífica.

 

Xa estaba todo listo para participar nos obradoiros do Samaín...

 

PARTICIPAMOS NOS OBRADOIROS DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO CENTRO:

Podes ver que ben o pasamos e todo o que fixemos na seguinte entrada.

 

Tamen podes atopar máis información sobre nestes obradoiros, e a celebracion do Samaín no Centro, nas seguintes entradas: