Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-201) Xa temos novos equipos cooperativos... queres coñecelos?

Finalmente, pasadas as primeiras semanas do curso onde traballamos a reo para poñer "ó día a nosa aula" ;) , por fin chegou o momento de organizar os nosos novos equipos cooperativos. Algo que levábamos moito agardando.

O profe escribiu no encerado en que equipo estaría cada un, dentro dunha figura xeométrica igual á mesa onde estarían.

 

A medida que os escribía iamos sentándonos na mesa que nos correspondía, descubrindo así quenes serían os nosos compañeiros e compañeiras de equipo.

 

Unha vez organizados os equipos, a súa primeira función foi decidir, "entre todos e todas as integrantes do equipo", un nome para identificalos.

 

Velaquí os primeiros equipos cooperativos da nosa aula e os nomes que decidiron :)

EQUIPO "BOLAS DE FUEGO"

 

EQUIPO "DALSI"

 

EQUIPO "INCREIBLES"

 

EQUIPO "TARTA"

 

Cada un dos recén creados equipos tivo que tomar outra decisión importante, acordar cal sería a súa "cor identifcativa". Unha vez falado e tomada a decisión, tiveron que acordar como pintar "entre todos" a cartolina do seu panel da cor acordada.

 

Repartindo as funcións e traballando todos xuntos deron conta do traballo, non sen falar previamente dentro do equipo como facelo da mellor forma.

 

Un a un, ó seu ritmo, cada equipo foi dando conta do traballo.

 

Cada equipo, unha vez seco o panel da súa cor escribiu o nome elexido usando as letras "de estampar", acordando a estratexia para facelo de modo que todos e todas participasen.

 

Tamén buscaron coa axuda do profe no ordenador a fotografía do seu equipo xunto cunha imaxe que os representase, que tiveron que decididir por acordo de todos os integrantes do mesmo.

 

Unha vez impresas as imaxes tan só quedaba recortalas e pegalas no panel, organizando o espazo para que puidesen caber as dúas, xunto co nome do seu equipo (que xa tiñan escrito)

 

Así quedaron finalmente  os paneis de autoavaliacion figuro-analóxica de cada un dos equipos.

 

Agora despois de cada traballo por equipos cooperativos poderemos "auto-avaliar" como nos foi o traballo no mesmo, indicando con "caras" se cremos que foi ben, se precisamos mellorarlo "pensando que sucedeu", ou se non foi de todo ben.

 

Como sempre por acordo entre os integrantes do equipo.

 

Xa iredes vendo ó longo das diferentes entradas como usamos estes equipos cooperativos en diferentes momentos e para diferentes tarefas.