Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Así vivimos os primeiros días do curso: descubrimos a aula, ós novos compañeiros/as e moito máis...

Estamos todos e todas de volta, con novos compañeiros que xa vos presentamos nunha entrada anterior. Nestes primeiros días sucedeu todo isto na nosa aula. 

 

COÑECEMOS E XOGAMOS COS NOVOS COMPAÑEIROS/AS.

 

Fomos contándolles ós novos compañeiros todo ó que podíamos xogar na aula e como había que recollelo unha vez rematado.

 

Por suposto tamén exploramos todo o que podíamos facer coa plastilina :)

 

Usamos a biblioteca de aula onde, xunto cos novos compañeiros e compañeiras, fomos descubrindo tódolos libros que alí hay.

 

Aprendemos a xogar "xuntos" para poñernos dacordo e facer realidade "grandes ideas".

 

 

VISITAMOS POR PRIMEIRA VEZ O PAVILLÓN:

Cada semana imos visitar o pavillón para "desenvolver a nosa motricidade grosa"... neste primeiro contacto exploramos todo o que alí había.

 

VISITAMOS O CENTRO PARA "ENSINARLLO ÓS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS"

Fomos percorrendo as diferentes aulas do centro que, ó longo do curso, teremos que empregar.

 

Visitamos á profe IRIA na súa pequena aula, que estará connosco unha vez á semana.

 

Entremos por primeira vez no curso na aula de informática...

 

... e por suposto tamén na de música, que estaba chea de instrumentos.

 

Tamén visitaremos a biblioteca do centro... onde había unha chea de libros.

 

Encantounos explicarlles como funcionaba o "CEREBRO DE ESTRELAS", que nos axuda a "ordenar as ideas" observando en silencio como van baixando... á vez que se "tranquiliza o noso corpo".

 

Por suposto non nos esquecimos de presentarlles a "RAYO" a nosa tartaruga :)

 

 

ENCÁNTANOS SER O ENCARGADO, PERO PRECISÁBAMOS CARNETS NOVOS:

Despois de actualizar a lista dos encargados na árbore da nosa aula, puidemos comezar a facer as quendas de encargado.

 

Pero para poder anotar no "CALENDARIO ONLINE"  quen faltaba ou que tempo facía, entre outras cousas precisábamos facer uns novos carnets QR.

Despois de pegar nel a nosa foto, fomos escribindo o noso nome do ordenador da cor que máis nos gustaba.

 

Unha vez impreso tan só había que pegar o nome no carnet, xunto co código QR...

 

... e por suposto, asinar escribindo o noso nome.

 

Plastificando os carnets QR estes quedaron listos para poder ser usados cada día polo encargado.

 

Con el o encargado pode acceder ó CALENDARIO ONLINE e facer unha chea de cousas (podes ver o noso calendario online no recanto de infantil)

 

Eso si, tampouco nos esquecemos de anotar as datas sinaladas tamén no calendario en papel.

 

RECONSTRUÍMOS OS REXISTROS DA AULA:

Coa chegada dos novos compañeiros e compañeiras tivemos que "refacer os rexistros" para que eles tamén aparecesen. 

 

Cambiamos os nomes da nosas cadeiras.

 

Creamos os rexistros de "CASA e COLEXIO", para o que tivemos que acordar que cores queríamos empregar.

 

Fomos escribíndoos nunha lista... 

 

... que levamos ata o almacén para traer a témpera das cores que acordaramos.

 

Tan só quedaba organizarnos en equipos para pintar tanto a CASA como o COLEXIO.

 

Agora xa podemos meternos na "casa" ou no "colexio" cando o encargado vaia repartindo os nosos nomes.

 

 

COMPLETAMOS O NOSO HORARIO SEMANAL:

Cada día fomos completando o noso horario semanal, pegando a fotografía dos profes que veñen cada día á nosa aula.

 

Cando o rematamos, ó final da semana, levámolo para casa e así saberemos cada día, que profes veñen á nosa aula... os mesmos que aparecen nas tarxetas cos "días" que coloca o encargando nos rexistros.

 

 

CREAMOS A FOTO DE GRUPO PARA POÑER NA PORTA:

Despois de pegala, asinamos co noso nome ó seu redor e escribimos nome da nosa aula INFANTIL 2.

 

E así de chula quedou, posta na porta da nosa aula.

 

Fixemos tamén unha "tarxeta" cunha copia pequena da fotografía para levala para casa e ensinarlla ás nosas familias.

 

CREAMOS UNHAS NOVAS BANDEXAS PARA A MERENDA:

Creamos unhas novas bandexas para a merenda empregando témpera de varias cores, que eleximos previamente entre todos e todas. 

 

Por parellas fomos pintándonos as mans uns ós outros... facía moitísimas cóxegas.

 

Coas mans pintadas, das dúas cores elexidas por cada un de nos, tan só quedaba estampalas na bandexa...

 

Tódalas veces que cada quen quería...

 

Ata que quedaron "super chulas".

 

Encantounos usar a plastificadora para convertir aquelas cartolinas coas nosas mans, e por suposto co noso nome escrito por detrás, nunhas bandexas de plástico.

 

 

 

DAMOS Á BENVIDA ÁS NOSAS FAMILIAS ESCRIBINDO UN CARTEL:

Días despois de comezar o curso, o profe contounos que unha tarde virían as nosas familias a unha reunión. Despois de falar un anaco sobre o tema, acordamos que podíamos facer unha gran pancarta para darlles a benvida ;) 

 

Xa co "papel xigante" sobre a mesa tiñamos que acordar que escribir na nosa pancarta.

 

Finalmente acordamos escribir "OLA PAPÁS E MÁMÁS", e así o escribimos no encerado entre todos "descubrindo que letras escoitábamos e cales facían falta".

 

Fómolas repasando de diferentes cores...

 

.. ata ter a pancarta reamatada.

 

Por suposto tamén había que asinar escribindo os nosos nomes.

 

Uns gomets para decorala e estaba lista para recibir ás nosas familias.

 

A partir de agora seguirán pasando moitas cousas na nosa aula... como sempre iremos contánvolas neste blogue.


Visítanos regularmente para estar ó día de todo o que viamos descubrindo :) 

Damos á benvida ás familias dos novos compañeiros e compañeiras da nosa aula... agardamos vos guste todo o que vos contaremos.