Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Experimentamos cun "fluído non newtoniano" e contámosche en vídeo como facelo. Lembra todos os que xa fixemos.

Chega o final de curso, e con el o último dos nosos experimentos científicos na aula.

Nesta ocasión, como gran colofón, experimentamos cun fluído non newtoniano (que se comporta como sólido ou líquido segundo a presión que se exerza sobre el).

 

Como con cada experimento, plantexamos as nosas hipóteses sobre que sucedería cando mesturásemos tódolos materiais e que facían falta.  Fomos tocando a "Maizena" que nos pareceu super "suave".

 

Despois de botarlle auga fomos probando de un en un, aqueles que quixeron a darlle forte e despacio.

 

Descubrimos que e dábamos forte se poñía "super duro"...

 

Pero se dabas despacio, ou collias un "puñado", cando abrías a man tornábase nun líquido.

O profe díxonos que eso se chamaba dunah forma moi "rara". FLUÍDO NON NEWTONIANO, xa que segundo a forza que se fixera podería ser duro (sólido) ou brando (líquido). 

O membros equipo Espada Pepa-Pig, foron os encargados de planificar e crear o vídeo desta experimento. Deste xeito tódolos equipos terían creado xa cadanseu vídeo. 

 

Así de fantástico quedou o noso vídeo, descobre como facer un fluído non newtoniano, e que sucede con el cando se presioa forte ou non. 

 

Podes lembrar tódolos experimentos que xa fixemos este curso, cos seus respectivos vídeos (catro deles creados polos equipos da nosa aula) nas seguintes entradas, que fomos publicando ó longo do curso:

03/06/17: (2016-2017) O submarino que sube e baixa. Descubre como facelo co noso último experimento na aula [VÍDEO EI2)

29/04/17: (2016-2017) O globo que atrae ós papeis. Este é novo experimento do que creamos un vídeo. Queres velo?  [VÍDEO EI2]

29/03/17: (2016-2017) Experimentamos creando burbullas de aceite. Queres facelo tamén? Mira o vídeo que creamos.

04/02/17: (2016-2017) Experimentamos con leite, lavavaixelas e colorante. Queres saber o que sucedeu? 

03/12/16: (2016-2017) Experimentamos cun globo, vinagre e bicarbonato. Queres saber o que sucedeu? 

22/10/16: (2016-2017) Experimentando con M&Ms e auga. Creamos un vídeo para contalo  [VÍDEO EI2]

 

Tódólos vídeos dos experimentos, incluídos os creados polos equipos cooperativos dos nosos compañeiros de Infantil 1, atoparalos no apartado "vídeos > experimentos" do recanto de infantil desta web, ou ben directamente nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2388