Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Experimentamos creando burbullas de aceite. Queres facelo tamén? Mira o vídeo que creamos.

Este mes o experimento que levamos á cabo na nosa aula foi do de "burbullas de aceite", ademais nesta ocasión un dos equipos da nosa aula sería o encargado de facer o vídeo explicativo do mesmo.

Antes de comezar a facelo, e tras contar a cantidade de materiais que empregaríamos, plantexamos hipóteses de que pensábamos sucedería:

  • Sairá por fora
  • Cambiará de cor
  • Non pasará nada
  • Fará escuma.

 

Despois de botar a auga, o aceite e o colorante... a medida que engadíamos sal comezaban a aparecer burbullas que levaban a cor cara o fondo e logo facían que voltase a subir.

 

Debatimos sobre cal criamos que podería ser a causa deste fenómeno, e chegamos á conclusión de que a sal tiña que ser a que facía que as "cores" foran cara abaixo, porque "pesaban máis".

Chegaba entón o turno de facer o mesmo expermiento en cada un dos equipos cooperativos, para ver se podíamos repetilo e reproducir o mesmo fenómeno.

 

Cada un dos equipos acordou de que xeito levaría a cabo o experimentos, lembrando e repetindo os pasos na orde correcta e repartíndose responsabilidades para que todos e todas participasen no mesmo.

 

Realizado o experimento en cada un dos equipos, acodamos que sería o equipo "MARIPOSA" o encargado de crear o vídeo explicativo do experimento deste mes.

Antes escribimos entre todos o cartel cos materiais que precisaríamos.

 

Para poder logo empregalo na rodaxe do vídeo. 

 

Despois de que o equipo elexido acordase, que contarían e como o contarían, así como que parte diría cada un, chegou o momento de rodar o vídeo-explicativo. 

Así quedou finalmente :)

Lembra que podes ver os restantes vídeos que creamos cos seus respectivos experimentos no recanto de infantil, no apartado de vídeos, ou directamente desde aquí.

 

Tan só nos quedaba tomar nota no caderno de campo do noso cuarto experimento.