Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Xunto ós 4 dragóns, "Rayo" e o Entroido, en febreiro tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Ó longo do pasado mes de febreiro ademais de traballar co entroido, de coidar a "Rayo" e de crear o noso traballo para o salón do libro (que podes ver nas respectivas entradas deste mesmo blogue); tamén sucedeu todo esto na nosa aula. 

Como cada mes, cando cambiamos de folla no calendario,  marcamos todo o que sucedería neste... por exemplo a data en que tería lugar o desfile do entroido, ou o día que iríamos ó musical de Peter Pan.

 

Continuamos a falar e escoitarnos nas asambleas, empregando en algunhas ocasións "o noso cerebro de purpurina", para sabe quen tiña a quenda de palabra, e poder ser respectada polos demais.

 

O Noso dicionario xigante sigue "vento en popa", tendo cada semana máis palabras das que eleximos como favoritas con cada letra.

 

Creamos por equipos cooperativos, un móbil de "dragóns", despois de coñecer a lenda dos 4 dragóns e para crear o noso traballo para o Salón do libro, que podes ver na entrada correspondente.

 

E así de fatásticos quedaron voando pola nosa árbore.

 

Seguimos as instruciós de "Dora" durante o Entroido, para vir disfrazados cada día dun xeito (tal como podes ver na entrada do entroido deste mesmo blogue), escribindo nunha nota, cada día, o que Dora mandaba traer posto ó día seguinte e que estaba indicado no seu cartel (dedicido cada día por un grupo de cursos)

 

Anotamos cada día o disfraz que nos tocaba, xunto cunha fotografía do grupo de todosnos.

 

Preparamos tamén o material para o obradoiro de Entroido coas familias (que podes coñecer máis polo miuido na entrada sobre o Entroido desde mesmo blogue)

 

Como cada mércores, despois das actividades extraescolares dos martes pola tarde, atopábamos os nosos xoguetes desordeados, despois dun diálogo e de valorar diferentes propostas para darlle solución; acordamos escribir un cartel informativo sobre os xoguetes da nosa aula.

 

Pegándolle un sinal de "advertencia" para que todos se fixasen nel e lesen o que alí poñía.

 

Despois de pensalo moito acordamos que o mellor lugar para poñelo, e que todos e todas puidesen velo, sería na zona da "casiña".

 

Agora todos saberán que poden empregar os nosos xoguetes pero que teñen que gardalos logo no seu lugar.

 

Nas sesións de psicomotricidade continuamos a desenvolver as nosas habilidaes motrices, de equilibrio, lateralidade, coordinación cos compañeiros/as...

 

E por suposto tamén en contacto coa natureza.

 

Asistimos ó musical de "Peter Pan" en Pontevedra, para o que ademais de escoitar a historia de Peter Pan, que o profe nos leu dun libro e de visionar unha curtametraxe da historia; tamén como sempre, a medida que fomos traendo as autorizacións fomos anotando o noso nome na lista de "asistentes".

 

Despois dunha viaxe en autobús, xunto ós compañeiros/as de todo o cole, por fin chegamos a Pontevedra.

 

O auditorio estaba cheo de nenos e nenas de outros colexios.

 

O musical pareceunos fantástico.

 

Ata había algún acróbata.

Podes ver máis imaxes na galería fotográfica "musical de Peter Pan" desde aquí.

Rematamos a visita merendando no parque da Alameda de Pontevedra e xogando no parque infanti, xunto ós demais compañeiros e compañeiras do colexio.

 

Celebramos o "día de Rosalía", organizado pola biblioteca do colexio. Pero o primeiro foi "xogar a pensar cunha foto súa",  dando ideas de quen podería ser e que podería estar pensando... ata que descubrimos que era unha escritora, que se chamaba Rosalía de Castro e por que foi tan importante.

 

No corredor había tamén fotos súas, e algunhas das súas poesías alí penduradas.

 

Bailamos unha das dúas poesía que convertiran nunha canción, foi moi divertido. Analizamos o que dicía na poesía que nos leu o profe, titulábase "Has de  cantar", do seu libro "Cantares gallegos".

 

Decidimos poñer tamén esta poesía o corredor, para o que cada unha das aulas escribiría (copiaría) unha parte da mesma.

 

Decorándoa con algún debuxo así quedou rematada a nosa parte.

 

E así a continuación feita polos compañeiros e compañeiras de Infantil 1.

 

Con ela rematada tan só restaba pegala no corredor, xunto coas demais poesías de Rosalía de Castro, xusto o día en que se celebraba o "Día de Rosalía", cando se cumplían anos desde o seu nacemento.

 

A nosa compañeira ALICIA, estivo de viaxe en Suiza e enviounos un vídeo desde alí... estab todo cheo de Neve!!, respostámoslle grabando o noso vídeo e enviándollo a ela.

 

Desenvolvimos a nosa creatividade traballando coa témpera, ben de forma libre...

 

... como facemndo a melena para o noso disfraz de dragón (que podes ver a entrada correspondente sobre o Entroido neste mesmo blogue)

 

Ou facendo debuxos por parellas.

 

De xeito que o que un comezase tiña que ser continuado polo compañeiro/a seguindo as indicacións do creador do mesmo.

 

Foi moi divertido e conseguimos facer "debuxos entre os dous" moi interesantes, respectando a parte creada polo noso compañeiro/a, aínda que non a fixeran tal como agardabamos.

 

Nos intercambios de 4-5 anos, cando veñen os compañeiros/as da outra
aula, traballamos co beebot escribido un "código" nun diagrama, para
comprobar se finalmente chegaba ó destino sinalado.

 

E nos de 3 anos xogamos, entre outras cousas, ó bingo das froitas...

 

E
a crear entre todos e todas unha enorme torre con elas... sen que
caise, pensando como debíamos colocar cada elemento para que mantivese o
equilibrio.

 

Lembra visitar as outras entradas deste blogue para ver todo o que fixemos, ademais do que aquí vos contamos ó longo deste mes.

No mes de marzo participaremos nas actividades do Salón do libro, e sucederán outras moitas cousas, que como sempre vos iremos contando neste recanto de infantil 2.