Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CD, CCEC, CSIEE e CSC

Despois do falado na primeira reunión do PFPP, esta foi a
planificación e acordos tomamos sobre o  traballo no seminario.

SEMINARIO: 

  • Acordamos continuar coas competencias CD, CCEC, CSIEE e CSC, escollendo os estándares prioritarios de cada un dos aspectos relevantes, ó tempo que nas reunións prescenciais estableceremos os niveis de logro por proceso das competencias CMCT e CAA das que xa se escolleron os estándares prioritarios..
  • Cada participante seleccionará os estándares prioritarios do proceso/aspectos relevantes, en tódalas áreas de tódolos cursos.
  • Non ten porque haber ese proceso en tódalas áreas de cada nivel, é dicir non hai que buscar estándares en tódalas áreas dese proceso senón daquelas nas que se atpen. O que temos que conseguir é que entre tódolos procesos (feitos entre todos) consigamos que estean tódalas áreas representadas. 
  • Tedes que facerme chegar os estándares elexidos antes do 25-04-2016, para que os meta na aplicación. Podedes darmos ben "rodeados no papel" ou pasándome os códigos dos estándares que escolléstedes.  
  • A partir desa data, nas reunións do cuarto "martes do mes" marcaríamos o nivel de logro para cada aspecto destas compeencias, de primeiro a sexto. A idea sería "sacar a adiante unha competencia por reunión" 

Repartimos os procesos/aspectos relevantes de ámbalas dúas entre os participantes deste xeito:

 

  • CD: Uso crítico e creativo.... (Óscar) - entregado - xa na aplicación
  • CD: Uso das TIC para obter... (Óscar) - entregado  - xa na aplicación
  • CD: Comunicarse e participa en redes... (Óscar) - entregado  - xa na aplicación
  • CCEC: Coñecer, Comprender e valorar.... (Ángela) - entregado -na aplicación
  • CCEC: Considerar as manifestacións artísticas... (Susana) - entregado
  • CCEC: Expresarse a través de diferentes... (Merce) - entregado - xa na aplicación
  • CSIEE: Transformar as ideas en actos... (Yolanda) - entregado - xa na aplicación
  • CSIEE: Crear, innovar e asumir riscos (Ana) - entregado  - xa na aplicación
  • CSIEE: Planificar e xestionar proxectos... (María) - entregado - xa na aplicación.
  • CSIEE: Promover o bo goberno... (Paulo) - entregado - xa na aplicación.
  • CSC: Interpretar fenómenos e problemas sociais... (Loli) - Entregado - xa na aplicación.
  • CSC: Traballo cooperativo... (Chus) - entregado - xa na aplicación.
  • CSC: Participar de xeito eficaz e constructivo na vida social... (Ángela) - entregado - na aplicación
  • CSC: Participar plenamente na vida cívica.... (Yolanda) - entregado - xa na aplicación

 

(Entregado: foi entregado o documento ó coordinador cos estándares prioritarios,  Xa na aplicación: foi introducido xa na aplicación no cartafol compartido polo coordinador)

Para facer máis rápido este traballo, se entrades na aplicación escolledes a pestaña de "perfil competencial" poderes filtrar os estándares que son da competencia, para poder revisar "só eses" en non todos os do currículum. 

Para o traballo por se o necesitades, aquí podedes atopar os seguintes documentos:

  • Explicación de que é cada proceso ou aspecto relevante: en PROGRÁMAME > PROGRAMACIÓN E CURRÍCULUM > PERFIL COMPETENCIAL > AXUDA SOBRE OS PROCESOS... descargará o pdf do que ou outro día vos din impreso.
  • Os currículums sobre os que "escoller os prioritarios", podedes usar o "planning comparativo" de modo que os vexades de 1º a 6º, e se un é prioritario e 1º xa o tedes localizado no resto dos cursos, para xeralo entrades en PROGRAMAME >PROGRAMACIÓN E CURRICULUM > XERAR  > PERFIL DE ÁREA > PLANNING COMPARATIVO.

No seguinte cartafol compartido en "google Drive" podedes descargar os pdf ós que antes facía mención, xerados xa desde a aplicación.

https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcdEJrM2ZpNkx0VU0

 

Se queredes como "vai quedando en prográmame", tan só tedes que escoller ou cartafol que teñades (ou crear un novo), entrar en programación e currículum > perfil competencial e desde alí escoller (abaixo de todo) "copiar só perfil competencial" (e agardar un anaco a que o copie). Tede coidado de escoller esta opción e non a de "copiar programación e perfil de área, xa que neste caso reemplazaríase o que se teña feito de programación no cartafol)