Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Atopámo-las primeiras respostas ás nosas preguntas no proxecto de investigación sobre as tartarugas.

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación na seguinte ligazón:

(2016-2017) Damos os primeiros pasos dun novo proxecto de investigación sobre as tartarugas, para poder ter unha na aula. 

Tal como vos contábamos nunha entrada publicada anteriormente, estamos inmersos nun proxecto de investigación sobre as tartarugas, coa finalidade de poder saber como coidala para poder ter unha na aula.

 

Despois de continuar a recabar información de diferentes fontes, por fin estabamos preparados para comezar a buscar a resposta ás preguntas plantexadas.

A primeira delas decidimos investigala todos xuntos. "Canto viven as tartarugas?. Despois de plantexar diferentes hipóteses e de visionar varios vídeos no recanto de infantil desta mesma web, atopamos un no que atopamos a resposta, discriminándoa do resto da información que contaba.

 

Descubrimos que podían vivir entre 80 e 100 anos (e incluso moito máis), e así o plasmamos no noso mural da investigación que, por fin, tiña a súa primeira resposta.

 

Días despois decidimos continuar oa investigación e nesta ocasión traballaríamos nos equipos cooperativos, de xeito que cada un se fixese responsable de buscar a resposta a unha das preguntas que tiñamos aínda pendentes. O primeiro, como sempre, foi acordar que roles asumía cada quen no equipo anotándoo no caderno de campo (non sen certa discusión previa ata chergar ó acordo)

 

A medida que cada equipo xa tiña os "encargados" asignados, comezaron a "dialogar e acordar" cal das preguntas que quedaban sería a que investigarían.

 

Cando estaba o acordo tomado tan só faltaba anotar o número da pregunta que investigaba cada equipo, no apartado correspondente á organización do traballo, dentro do mural da investigación.

 

Coa axuda do profe ÓSCAR  e da profe NURIA e empregando diferentes fontes de información, de entre as que acordaramos no seu momento e coa información que tiñamos dispoñible no recanto da investigación, así quedou distribuido o traballo:

 

 

PODEN AS TARTARUGAS SAÍR DA AUGA?

 

E así plasmou as respostas o equipo BALÓN no mural, do xeito que mellor consideraron para que os demais o puidesen entender.

 

Así de ben lles quedou.

 

Empregando as fotocopias do recanto da investigación o equipo ESPADA PEPA PIG foi o encargado de buscar as respostas á pregunta QUE COMEN E COMO COMEN AS TARTARUGAS?

 

Que mellor forma que ir anotando nun listado os diferentes alimentos que podían comer as tartarugas.

 

Mentras investigaban o equipo BALÓN atopou información na procura das súas respostas que podían servirlle ó outro equipo, polo que foron a contarlla e así descubriron que "non teñen dentes" e que son "omnívoras" que significa que comen de todo, xusto como tiñan anotado na lista de cousas que comía... agora tan só quedaba plasmalo como mellor considerasen no mural.

 

Era un espazo limitado e había moito que contar e pegar, pero deron
organizado o espazo descartando algunhas das imaxes que consideraron que
"sobraban".  

 

 

ONDE VIVEN AS TARTARUGAS?  CANTAS HAI?

Despois de solventar algúns problemas de organización interna dentro do equipo, e de chegar a un acordo para poder traballar, o equipo MARIPOSA atopou a resposta a onde viven as tartarugas e cantas hai, empregando a tablet para visionar algún vídeo e posteriormente o ordenador da aula.

 

Para plasmalo no mural pensaron que o mellor era imprimir, recortar e pegar imaxes dos tres sitios onde podían vivir, para que así todos puidesen saber fácilmente onde vivían.

 

E así de fantástico lles quedou a súa "plasmación" das respostas atopadas. 

 

 

Por último o equipo TORTUGAS NINJA, asumiu a responsabilidade de investigar SE SE PODEN TOCAR AS TARTARUGAS.

Empregaron para elo o mural con información que trouxera Lois, que tamén foi empregado por outros equipos, así como toda a información que foramos traendo e xuntando no recanto da investigación.

 

Despois de descubrir que poden transmitir enfermidades como a salmonela se se tocan, e que ademais se "estresan",  quedounos claro que a nosa tartaruga vivirá tranquila cando a teñamos sen que ninguén a toque.  Para que a todos lles quedase claro, acordaron poñer unha foto dunha tartaruga nunha man e tachala para indicar que estaba "prohibido".

 

Agora todos poderán saber a resposta e esta pregunta mirando o que plasmaron no mural.

 

E con estas tres preguntas o noso mural da investigación vai collendo forma e xa contén moita información interesante sobre as tartarugas.

 

Agora que xa tiñamos a información plasmada no mural, quedaba pendente unha parte moi importante, contarllo ós restantes compañeiros e compañeiras, e así intercambiar "descubrimentos". Para elo o primeiro era adicarlle un tempo a planificar como ía cada equipo a contarllo ó resto dos compañeiros/as, tendo en conta que todos os do equipo tiñan que participar.

 

Deste xeito  cada equipo foi expoñendo ós compañeiros os seus descubrimentos, contando onde o atoparon e respostando ás preguntas que lles puideran facer. 

 

 

Nalgúns casos, ademais de recurrir ó mural, tamén empregaron as fontes de información que empregaran para para "dar argumentos sólidos ó que estaban contando".

 

 

Tan só nos uedaba ir plasmando o que xa fomos descubrindo no noso dossier persoal da investigación.

 

Cando estea rematado poderemos levalo para casa e comentalo coas nosas familias (desafortunadamente non nos deu tempo a rematalo antes do Nadal, así que haberá que agardar un pouco por el)

 

En próximas entradas contarémosche como levamos a nosa investigación e cando esteamos xa preparados, daremos a benvida á tartaruga na aula.