Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Visitamos o museo e preparamos a exposición dos retratos

O xoves 15 visitamos o museo de Pontevedra, xa que tiñamos pendiente devolverlle a Avelino Riestra o seu guante e alí o atoparíamos. 
 
 
 
Cando chegamos, dous portavoces de Infantil preguntaron por Avelino e unha das rapazas que traballa alí, Sabela, díxonos que tivera que sair uns días antes de viaxe a Madrid e non o poderíamos ver, pero que nos deixara unha carta pois él sabía que iríamos o xoves.
Entregámoslle a luva e as bufandas a Sabela e.. 
 
 
 
Ángela leunos a súa carta, na que nos explicaba por qué non estaba no museo e que nos invitaba a ver unha exposición no terceiro andar, xa que estábamos alí.
 
 
 
Pero antes de nada Sabela levounos a ver o seu retrato, que colocaran xunto con outros de distintas persoas e persoaxes. 
 
 
 
 
Xa no 3º andar alí fomos a unha sala onde os cadros eran moi coloridos, e tiñamos que descubrir cal de todos eles podía ser o fondo do mar.
Custounos un ratiño ata que dimos con él..
Outro cadro estaba cheo de máscaras de todo tipo...
 
 
 
Tamén desfrutamos de dous cadros enormes de cor azul e vermello que tiñan formas que saían para afora, estaban feitos con relieve
 
 
 
Sabela propúxonos montar un nós, organizados en catro equipos e catro cores. Tíñamos varias pedazos desa cor con diferentes formas e cada un de nós tiña que lanzar unha peza no cadro para así ir formando a composición.
 
 
 
 
Noutro cadro había un instrumento, un acordeón, e tamén unha mirilla, unha pechadura..todo/as fixemos como que mirábamos por ela..
 
 
 
 
E xa na última sala, observamos un cadro que se podía ver por ambos lados, pois non estaba colgado da parede.
Un lado do cadro o vimos todos xuntos
 
 
 
pero o outro, primeiro tiñamos que formalo montando un puzzle en pequeno, para acabar descubrindo cómo era o grande.
 
 
Todos/as conseguimos montalo para comprobar despois no grande que era igualiño.
 
 
 
A visita deunos moito apetito e xa nada máis sair do museo, aproveitamos unha enorme explanada para tomar a merenda.
 
 
E despois....camiñamos ata a Praza de Barcelos para desfrutar un bo rato do enorme parque que alí hai.
 
 
 
 
Ó día seguinte, na escola, despois de recordar a visitá ó museo, continuamos coa preparación da exposición do corredoiro.
 
 
Organizados nos oito equipos cooperativos, cada equipo escribiu e escolleu  un par de fotos que acompañarían ó texto, describindo  todas as experiencias en torno ó retrato e ó rostro, que vivíramos e que queríamos contar ó resto de compañeiros, mestres e familias. 
 
 
 
 
 
 
Unha vez preparadas as oito secuencias, xa as temos expostas no mural, para dar boa información de todo o feito.
 
 
 
 
Tamén temos expostos os collages coas partes da cara, e os retratos que nos fixemos por parellas.
 
 
Así como os nosos autorretratos. 
 
 
Podes ver como quedaron cada un dos nosos retratos facendo click na seguinte imaxe.