Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Visita de Sexto ó Instituto

 

      Os 6 alumnos de Sexto, acompañados polo seu titor, visitaron ás instalacións do Instituto. Fomos recibidos polo equipo directivo e a Orientadora e tamén asistiron os alumnos dos colexios de Campañó e Xunqueira 1. Ensináronnos aulas, laboratorio, biblioteca, pavillón...e invitáronnos a refrescos e comida... Tamén nos explicaron moitas cousas sobre o Instituto: horarios, asignaturas, consellos...

     Despois percorremos a zona monumental de Pontevedra e a praza de abastos. Rematamos no Parque das Palmeiras, onde merendamos e recolleunos o autobús de volta na Alameda.