Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Acordamos e creamos as novas normas da nosa aula

Como cada comezo de curso chegou o momento de tomar unha decisión moi importante na nosa aula, tiñamos que decidir cales serían as nosas normas.

A traves dunha "choiva de ideas" e cun debate de cada unha delas chegamos a crear esta lista de normas en positivo do que "podemos facer" acordadas por todos e todas.

 

Fomos dramatizando cada unha das normas propostas e tomando fotografías de cada unha delas. Tivemos que coordinar os nosos movementos, e pensar como facer, para poder "contar coa imaxe" o que dicía a norma.

 

Coas fotografías xa listas, chegou o momento de preparar o panel onde irían pegadas, para elo pintamos con témpera 8 cadrados dunha cor diferente cada unha.

 

Traballamos en dous equipos, pero só había catro cores en cada un cos seus respectivos pinceis, polo que tivemos que falar, dentro de cada equipo, para chegar a un acordo de "onde pintaríamos de cada cor sen mesturalos" e como faríamos para que todos puidésemos pintar xa que non había pinceis para todos e todas.

 

Cooperando e traballando por turnos, ou con diferentes estratexias que cada equipo foi ideando e poñendo en práctica, conseguimos ter preparado o noso panel para as normas e, descubrimos que como cada equipo coloreara 4 cadrados entre os dous equipos tiñamos 8 cadrados, justo a mesma cantidade de normas que tiñamos.

 

Entre todos fomos acordando e decidindo onde iríamos pegando cada unha das fotograf

 

Os máis pequenos contribuiron pegando as imaxes das normas.

 

Mentras que os "veteranos" foron os encargados de ir escribindo e pegando os diferentes textos para cada norma.

 

E así de fantásticas quedaron as normas da nosa aula.

 

Coas normas xa listas, elaboramos a nosa lista de normas para levar para casa e así poder contarllas ás nosas familias.

O primeiro foi colorear un taboleiro de 8 cadrados coas mesmas cores, e na mesma orde, que no noso panel, non era doado e había que estar moi atento para non confundirse de cor.

 

Tamén había que pegar cada fotogría na cor que acordaramos para cada unha das normas.

 

Pegámoslle o texto de cada norma, tentando ler o que poñía en cada unha delas a partir do que tiñamos escrito no panel...

 

...  e noutra escribindo nos mesmos o texto da norma.

 

Os máis pequenos foron pegando as imaxes en cada cor, buscándoa entre todas as que había no panel... ó final demos descuberto tódalas cores e pegamos cada norma na cor que lle correspondía.

 

Convertimos a nosa folla de normas nun "tubo" para poder levalas para casa....

 

... á que tamén lle atopamos un uso alternativo como "megáfono improvisado".