Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Para rematar o curso sucedeu todo isto na nosa aula

Durante estas últimas semanas o curso, ademais de todo o que traballamos
para preparar a nosa exposición sobre Henry Moore, que podes ler de
seguido, sucedeu tamén na nosa aula todo isto:

20/06/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Inauguramos a exposición e presentamos e o noso documental sobre Henry Moore ás familias. Xa podes velo. 

 

Nas úlltimas sesións de psicomotricidade no pavillón exploramos as posibilidades do frisbee.

 

Fixemos unha chea de xogos cos frisbee e con diferentes elementos.

 

 

Completamos o noso boletín de "As novas da escola", onde lle contamos ás nosas familias todo o que sucedeu na nosa aula ó longo deste terceiro trimestre. Nesta ocasión un dos datos que incluímos foi, un reconto dos libros da biblioteca que levamos para casa ó longo do curso, empregando a aplicación de rexistro de libros que atoparás no recanto de infantil da web.

 

Podes ver un modelo do noso boletín "As novas da escola", facendo click na seguinte imaxe.

 

 

 

Rematamos tamén o noso dossier da nosa investigación sobre Henry Moore, que podes ver noutras entradas deste blogue.

 

Organizamos tamén tódolos traballos que tiñamos que levar para casa... para poder ensinarllos ás nosas familias.

 

O último día de curso, despois de participar no noso "xogo de buscar o tesouro" e de "celebrar os cumpreanos do verán facendo unha pizza", que podes ver noutra entrada deste blogue, asistimos a unha obra de teatro que, como despedida, interpretaron os compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Tamén despedimos os compañeiros e compañeiras de 5 anos, que marchan para primeiro, regalándolles un marco de fotos, cunha foto de grupo de todos eles e elas, para que non se esquezan do seu paso por infantil. 

 

Moita sorte en primerio!! e vide a visitarnos cando queirades.

 

 

Agora tan só nos queda agardar a que comece o novo curso, coa chegada de novos compañeiros e compañeiras de tres anos á nosa aula... pero ata entón.

 

 

BO VERÁN A TODOS E TODAS!