Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Descubrindo a Henry Moore: comezamos a preparar a nosa exposición

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación e traballo nas seguintes entradas:

21/05/16: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre Henry Moore para crear a nosa propia exposición 

28/05/16: (2015-2016) Continuamos a investigar sobre Henry Moore respostando a máis preguntas  

Despois de ter investigado a Henry Moore, que podes ler nas entradas anteriores, chegaba o momento de organizar e planificar a nosa exposición, que fixamos para o día 20, tal como anotamos no noso calendario online.

Agora que xa sabíamos os pasos para organizar unha exposición, puxémonos mans á obra para ir levando a cabo cada un deles. 
 
 
 
CREANDO OS ANUNCIOS:
O primeiro que fixemos foi debatir e acordar como sería o noso anuncio para a exposición, de xeito que todos e todas soubesen cando sería e que atoparía nela.
Acordamos finalmente que "queríamos contar" e "como o íamos contar"

 

Por parellas fomos escribindo e pegando cada un dos elementos, que acordaramos incluír no nos cartel publicitario.

 

Así quedou o noso cartel anunciador rematado, listo para ser pegado no colexio.

 

 

Un dos elementos fundamentais que precisabamos para a nosa exposición,
era contar con "obras escultóricas para expoñer". Nela incluiremos, tal
como tiñamos acordado, esculturas elaboradas con diferentes materiai, algunhas delas orixinais e outras como "imitación" das obras de Henry Moore, todo elo dentro da nosa aula, reconvertida en taller de escultura. 

Posteriomente, xa para a exposición, contarán cos seus respectivos paneis informativos.

 

CREAMOS ESCULTURAS CON MASA BRANCA:

Con masa branca elaboramos, de forma individual, pero traballando dentro dos equipos,diferentes creacións orixinais.

 

Empregamos diferentes "ferramentas" segundo a idea que tiñamos para as diferentes esculturas. 

 

Unha vez rematadas, colocámolas enriba do noso nome, para poder identificalas mentras secaban.

 

Estas foron as nosas creacións orixinais.

 

 

EXPERIMENTANDO E CREANDO ESCULTURAS CON BARRO:

Outro dos materiais que empregamos para as esculturas das nos exposición foi o barro. Nesta ocasión traballando en equipos cooperativos, para crear unha única escultura orixinal en cada un dos equipos. Pero antes exploramos libremente as caracterísitcas e posibilidades da arxela, comparándoa coa "experiencia" de modelado con masa branca.

 

Tras un debate e acordo, cada equipo deu elaborado unha "creación escultórica orixinal".

 

Que con "moito coidado" o encargado de material de cada equipo puxo a secar xunto ás que xa tiñamos feitas con masa branca.

 

E así quedaron as nosas catro creacións de equipo feitas en "barro".

 

Por suposto, cada equipo unha vez tivo rematado o seu traballo, encargouse le deixar a súa "parte do taller" limpo e ordeado, para poder empregalo nas restantes esculturas que quedaban por crear.

 

 

RECREANDO UNHA ESCULTURA DE HENRY MOORE... EN GRANDE: "RUMBO Ó COSMOS".

Ademais de creacións orixinais  (da nosa aula e dos nosos compañeiros de EI.1), a nosa exposición incluirá tamén recreacións de obras de Henry Moore.

Unha delas queríamos que fose "enorme", xa que así é como el as facía.

O primeiro paso foi acordar, visionando o vídeo das súas obras, cal recrearíamos na aula, valorando e debatindo sobre se seríamos ou non capaces de facela cos materiais que tiñamos na aula.

 

Tras unha votación entre catro das obras visionadas, a decisión final foi recrear "RUMBO Ó COSMOS", unha obra de 1980 (así o tiñamos reflexado na nosa liña do tempo) feita en bronce.

 

Tras analizar que "partes" tiña a escultura e como poderíamos construíla, acordamos debuxar "dúas lúas" para logo "pegalas" e engadirlle ó final un cordel ou aramio, como na obra.

 

Entre todos e todas demos debuxado as dúas lúas.

 

E, unha vez que o profe a dese cortado, foi moi divertido ir separando as pezas "como se fose un puzle".

 

Como descubrimos que había un problema, porque era moi brandiña (xa que non estaba feita de bronce", tivemos que pegarlle varias capas de cartón pegadas con celo ata que quedase "moi duro".

 

Encaixando as partes "como no modelo" demos creado a nosa versión de "rumbo ó cosmos" de Herny Moore.

 

Xa estaba lista para ser pintada, pero antes teríamos que cubrila con papel de xonal, xa que estaba toda chea de cinta adhesiva e, como xa sabíamos, non se pode pintar enriba porque "está feito de plástico" e "despégase a pintura cando seca".

 

Fomos "rasgando" tiras de papel de xornal....

 

... e botándolle Alkil fomos recubrindo toda a escultura.

 

Agora xa estaba lista para poder pintala, das mesmas cores que na fotografía da estatua.

 

Traballando todos xuntos, de forma coordinanda, e acordando que parte quería pintar cada quen, demos feito co traballo. Eso si cun pequeno problema, xa que como se rematou a cor marrón "tivemos que creala mesturando cores"... a mestura correcta era "moito vermello e pouco verde"... pasámolo de medo.

 

Tamén pintamos, como aparecía na imaxe, unha base de cor azul, para poder poñerla enriba na nosa exposición.

 

Agora tan só nos queda agardar a que sequen e colocala no seu sitio para a exposición. 

 

 

E ADEMAIS...

Pero ademais de traballar na planificación e organización da exposición, tamén tivemos un anaco para continuar coa elaboración do noso dosier da investigación.

 

E ata viñeron os nosos compañeiros e compañeiras de sexto curso a ver os resultados da nosa investigación, para poder empregalos no traballo que estaban a levar a cabo sobe as corrientes artísticas na área de plástica.

 


PERO AÍNDA NOS QUEDA MOITO POR FACER....

Aínda nos queda moito por planificar e organizar antes de poder inaugurar a nosa exposición, xunto ós compañeiros da outra aula de Educación Infantil.

Permanecede atentos ás vindeiras entradas para estar ó tanto de todo o que suceda.