Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Comezamos a investigar sobre Henry Moore para crear a nosa propia exposición

Un día na clase, "xogando a pensar", estivemos comentando o que nos parecía esta imaxe. Que estaba mirando tanta xente?  que era esa estatua? Para que a fixeron así?

 

Visionamos tamén un vídeo onde falaba do escultor e das súas exposicións, que podes atopar aquí.

A partir das preguntas que foron xurdindo decidimos que sería interesante descubrir que fixera esa escultura e tamén "por que as facía con esas formas tan curiosas". Ademais nós tamén poderíamos facer unha exposición, como as súas á que poderíamos invitar ás nosas familias.

Por suposto, antes tentamos representar a escultura con noso corpo... non foi doado pero algúns conseguimos parecernos moito :)

 

No mesmo lugar onde se atopaba a esta fotografía, aparecía o nome do seu creador "HENRY MOORE"... coa primeira incógnita resolta decidimos comezar, como con cada investigación, o noso mural, escribindo o "título do mesmo", neste caso o nome de HENRY MOORE, empregando as cores que cada un foi escollendo para as diferentes letras.

 

Buscamos no ordenador unha fotografía do escultor, para que todos e todas os que mirasen o mural puidesen saber como é en persoa.

 

E así quedou plasmado no noso mural, despois dunha votación para determinar se queríamos poñer o seu nome xunto ó "ós lados" da imaxe, unha é esquerda e outro á dereita, que foi a opción que ó final resultou vencedora.

 

Anotamos tamén cal era o obxectivo final da nosa investigación "crear unha exposición como as de Henry Moore".

 

Partimos como sempre dos coñecementos previos. Isto é que xa sabíamos de Herny Moore e as exposicións de esculturas.

 

E todo isto o que queremos descubrir durante a investigación:

 

Anotamos tamén "as fontes de información" nas que poderíamos atopar respostas ás nosas preguntas.

 

Como xa temos moita experiencia no "mundo investigador" coñecíamos unha chea de fontes de información diferentes, que fomos anotando entre todos e todas.

 

Entre as fontes que indicamos estaba "buscar libros na biblioteca", así que pensamos que sería boa idea escribirlle unha carta á profe SUSANA que era a encargada da biblioteca do colexio.

 

Por suposto, como toda carta que se precie, a nosa tamén a metimos dentro dun sobre, escribindo o destinatario e o remitente.

 

E alá marchamos, en busca da profe SUSANA. Antes pasamos pola sala de profes, onde había un "horario enorme" que indicaba onde estaba cada profe en cada momento... así soubemos que tiñamos que ir á aula de terceiro.

 

E alí lle entregamos a carta.

 

Cando a leu axudounos atopar un libro que falase de "HENRY MOORE"

 

Alí nunha enciclopedia "atopamos algún dato da vida deste escultor", así que baixamos o libro para incluilo no noso recanto da investigación.

 

Para recabar máis información, escribimos unha "nota" ás nosas familias pendindo á súa colaboración.

 

 

PRIMEIROS DESCUBRIMENTOS:

O Primeiro que descubrimos coa información que tiñamos na aula era que o nome de HENRY MOORE, estaba incompleto, xa que se chamaba HENRY SPENCER MOORE.

 

E así o engadimos ó noso mural da investigación.

 

ESTÁ VIVO OU MORTO?...  ONDE  VIVIU?

Investigamos todos xuntos esta primera pregunta, empregando a información que SABELA trouxera esa mañá, nela indicaba a data na que nacera e morrera. Decidimos plasmalo nunha "liña do tempo". Para que todos o entendesen ben pegamos tamén a fotografía dun bebé e outra dunha "calavera" para indicar a data de nacemento e de falecemento, así daba igual que non fosen capaces de lelo.

 

Sorprendeunos moito que nacera, morrera e vivira toda a súa vida en diferentes lugares do Reino Unido, un lugar que xa coñecíamos porque estaba entre os diferentes países ós que enviamos cartas.

 

Engadimos tamén este dato no noso mural, xunto coa bandeira que xa coñeciamos.

 

Por suposto tamén nos engadimos a todos nos, e ata o profe, na liña do tempo, resultounos curioso descubir o "longo que era o tempo que vivira Henry Moore" e o pouco tempo que levabamos nós.

 

Tamén engadimos unha noticia na que se anunciaba, na data da súa morte, que falecera Henry Moore.

Tamén descubrimos que estivo na I Guerra mundial onde estivo no hospital por culpa do "gas tóxico"

 

Co paso dos día fomos recibindo máis informació, algunha dela como a de DAVID G. chegounos por correo electrónico o que, por suposto, escribimos unha resposta.

 

Comezamos tamén a completar o noso dossier individual da investigación, coas primeiras respostas que fomos atopando.

 

 

AS ESTATUAS DE PONTEVEDRA FORON FEITAS POR HENRY MOORE?... QUEN AS FIXO?

Outra das preguntas que tiñamos era saber se as estatuas que había en Pontevedra as fixera tamén HENRY MOORE. Atopamos unha web na que se explicaba quen fixera cada unha das estatuas. Entre todos e todas decidimos escoller 4 delas para plasmar a resposta no mural da investigación.

 

Nesta ocasión cada un dos equipos cooperativos encargouse de buscar quenes fixeran cada unha das catro estatuas que, entre todos tiñamos escollidas.

Algún equipo se encargou de buscar no móvil.

 

Outros nas tablets.

 

E por suposto no no ordenador.

 

Tan só quedaba plasmar a resposta no mural da investigación...

 

... pegando a fotografía da estatua, escribindo como se chamaba e o nome
do seu escultor. Todo isto de forma acordada dentro do equipo
cooperativo. 

 

E así quedou reflexado no noso mural a resposta a esta nova pregunta.

 

Aínda nos quedan varia preguntas por respostar, tanto sobre a vida de Henry Moore como sobre a forma de facer as esculturas e organizar as exposicións.

Iso xa o iremos contando en futuras entradas.