Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Temos novos robots na aula: Coñeces os Ozobots?

Por fin chegaron!!

Despois de tanto agardar xa estaban na nosa aula os nosos novos compañeiros robóticos "os ozobots", resultounos curioso o  pequeniños que eran.

 

Un por un fomos "probando" como funcionaban e que podían facer.... e descubrimos que se os poñíamos no chan "non sabían o que facer", só camiñaban cara onde lles apetecía, ata chocar con algunha cousa.

 

Había que debuxarlle o seu camiño para que soubese por onde ir, bastaba emprgar un rotulador "groso" de cor negra e seguía o camiño marcado.

 

Tamén comezamos a empregar as "tarxetas do ozobot" que tiñan uns códigos de cores que, se se debuxaban nos camiños, "explicaban ó ozobot" o que tiña que facer.

 

Fomos probando os diferentes códigos, descubrimos que se debuxabamos unha liña de cor azul, vermella ou verde tamén seguía o camiño, pero cambiando de cor ;)

 

Non resultou doado "coordinar" tódolos nosos camiños para que os dous ozobots non chocasen... nótase que nos falta práctica empregando e combinando os diferentes códigos de cores ;)

 

 

Podes ver de seguido como foron as nosas primeiras experiencias cos ozobots.

Nas vindeiras semanas iremos contándovos novas experiencias cos nosos pequenos ozobots. De seguro que se nos ocorren cousas moi interesantes que facer con eles.

 

Podes atopar máis información sobre os ozobots, descargar as tarxetas que empregamos e acceder a material e exemplos de experiencias para usalo desde aquí.