Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

XARDÍN POÉTICO A MANUEL MARÍA

O autor homenaxeado neste ano no día das Letras Galegas foi Manuel María como tod@s sabedes, e, claro está que na escola lle fixemos unha merecida conmemoración, organizando de novo  o equipo de dinamización da biblioteca e dinamización da Lingua Galega, unha actividade conxunta que "sabe moito millor" integrada ésta nos proxectos anuais de ambos equipos.

Contamos como sempre coa colaboración do profesorado e alumnado da escola, e, o obxectivo era elaborar un

" XARDÍN POÉTICO" a partir dos poemas de Manuel María e que foron traballados nas aulas...

Realmente quedou ben bonito como a continuación poderedes observar...moi cuqui!!!! A Manuel María seguro que tamén lle gustaría ver o poemario nas árbores e arbustos do patio que agora tod@s podemos ler.

 

Por último como remate de festa a totalidade do alumnado cantou uns poemas do autor homenaxeado, que foron preparados pola mestra de música Merce, con acompañamento de guitarras e pandereteiras, entre elas: 

" O carro" e " O cuco"....que nos encanta....

Fixérono moi ben!!!

 

Despedímonos co CU-CÚ do cuco cuqueiro, cuco, cuco cuco...que nos anuncia a chegada do bo tempo....ata outra!!!