Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

DIA DO LIBRO: Familias lectoras na biblioteca de Dora Lectora

Estimad@s familias e alumnado da escola: 
 
Dende estas imaxes queremos agradecer a vosa inestimable participación na escola compartindo con nós lecturas na conmemoración da Semana do Libro.
 
Para nós é imprescindible saber que contamos coa vosa colaboración para levar a cabo actividades como a do pasado xoves 21 de abril. A biblioteca da escola está inda mais bonita coa vosa presenza. Grazas.
 
Aí van algunhas imaxes:
 
Non vos perdades as caras dos nen@s e das mamás e papás.