Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Rematámo-lo segundo trimestre facendo ademais todo isto.

Ademáis de todo o que xa vos fomos contando noutras entradas (investigación sobre as formigas, xoguetes para Siria, creación do libro para o lobo ORBIL...); nestas últimas semanas do trimestre, durante o mes de marzo, na nosa aula sucedeu tamén todo isto:

   

PARTICIPAMOS NA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

Para conmemorar e celebrar o "día internacional da muller", participamos na actividade organizada polo centro para descubrir o traballo de diferentes mulleres, que estarían convidadas e ás que faríamos algunha pregunta.

Os compañeiros de sexto curso, encargados da organización das preguntas viñeron a comentarnos que fóramos pensando unhas preguntas para logo enviarllas.

 

O día da conmemoración desprazámonos ata o salón de actos do "Sobrino Buhigas".

 

Onde descubrimos diferentes aspectos sobre as mulleres relevantes ó longo da historia, ademais de plantexar as nosas preguntas ás "mulleres convidadas".

 

Alí estaban tamén os compañeiros e compañeiras de sexto tomando nota das respostas, e de todo o que sucedía, para o seu artigo do "cervo dixital".

 

FACEMOS O REGALO PARA O DÍA DO PAI:

Cando comezou o mes de marzo sinalamos no noso calendario online, entre outras datas relevantes, que o día 19 de febreiro era o "día do pai". Marcámolo coa icona dun agasallo para non esquecernos de facerlle un regalo para es día.

 

Este curso faríamos uha postal-marco, igual a unha que atopamos en miramos en internet, na cal seríamos poñendo "caras diferentes".

Así, por parellas, fomos facéndonos mutuamente fotografías poñendo diferentes caras. 

 

Despois de facelas, xa na aula, fómolas visionando para comentar "que expresión" transimía cada cara e se, efectivamente era a que quería poñer o protagonista.

 

Recortamos a silueta da nosa postal, para logo decorala como cada quen quixera.

 

E pegamos sobre elas as fotografías, xa impresas, que fixeramos das noas caras.

 

Así de fantásticas quedaron as nosas postais.

 

Tan só quedaba escribir unha "mensaxe" dentro da postal...

 

... e metela dentro dun sobre de regalo que nos mesmos decoramos.

 

 

 

DESCUBRIMOS O HOCKEY NO PAVILLÓN:

Durante unha das nosas sesións de psicomotricidade no pavillón descubrimos e exploramos o Hockey.

Tivemos que organizarnos en equipos de dúas cores, de igual número de integrantes cada un deles.

 

Para coordinar os movementos precisos para poder meter a "pelota" na portería empregando o stick.

 

E por suposto xogando un improvisado partido... moi divertido.

 

 

ELEXINDO XOGUETES CUNHA VOTACIÓN:

Unha mañá o profe tróuxonos unha chea de xoguetes para compartir coa outra aula. Como todos nos encantaban decidimos organizar unha votaciónpara elexir con cales nos quedaríamos. Tan só había que escribir o número do xoguete nun anaco de papel

 

Para logo metelas nun bote e poder facer así o reconto.

 

Como fomos marcando cun gomet cada voto que tiña cada xoguete, puidemos contar ó final cantos tiña cada un, escribir o número total para poder ordenalos de maior amenor, e saber así, con que xoguetes nos quederíamos.

 

 

FACEMOS O BOLETÍN "AS NOVAS DA ESCOLA":

Como cada remate de trimestre elaboramos o noso boletín de auto-avaliación, "As novas da Escola", no que contamos ás nosas familias todo o que sucedeu na nosa aula aula neste segundo trimestre.

 

Aproveitamos tamén para debuxar (e escribir) que é o que  máis nos gusta da escola, que acompañaría á folla con imaxes e texto, escrita polo mestre, onde contaba ás nosas familias todo o que fixemos ó longo deste trimestre.

 

UNS ÚLTIMOS RETOQUES E TODO LISTO PARA IRNOS DE VACACIÓNS:

Antes rematar o trimestre demos os últimos retoques ó noso dossier de investigación sobre as formigas.

 

E metemos todos os nosos traballos na nosa carpeta para poder levalos para casa e contarllo ás nosas familias.

 

Aínda nos queda moito deste curso, e unha chea de cousas que facer e descubrir ó longo destes meses que quedan ata xuño. Teremos varias saídas, rodaremos a nosa película de animación, seremos artistas... e xornalistas, e moito máis que vos iremos contando no seu momento.

Ata entón desfrutade destas merecidas vacacións e vémonos novamente dentro dunha semana.