Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015/2016) O NOSO PRIMEIRO TRABALLO DE XORNALISMO

O pasado día 8 de marzo celebramos no colexio o día da muller traballadora.Nós fomos os encargados de organizar as preguntas que máis tarde lle iamos a facer a unhas invitadas moi especiais:  sete mulleres, moi traballadoras, de Campo Lameiro.

Primeiro recollemos polas aulas as preguntas que os demais nenos prepararon, e organizámolas de maneira que cada curso tivera un turno de catro preguntas.

 

E......chegou o día...........

Estas son as preguntiñas...Xa vedes que somos ben curiosos/as!!!!!

 

 

INFANTIL
1.
.............1).Con que máquinas traballas a terra????

 

( AGRICULTORA)

INFANTIL
2..
.........1)Cantos alumnos/as tiñas????

(MESTRA)

 

PRIMEIRO

*Que querías ser de pequena? ( MESTRA)

*Como chegaches a ser carteira?? (CARTEIRA)

*De onde sacas as ideas para esculpir??? ( ESCULTORA)

*Que cultivas??? ( AGRICULTORA)

SEGUNDO

*Que tiveches que estudar para ser farmaceútica??? (FARMACEÚTICA)

*Gústache o teu traballo, ou preferirías traballar noutra
profesión??? ( CARTEIRA)

*En que consiste o teu traballo???? ( CONCELLLEIRA)

*Que material utilizas para as túas esculturas??? ( ESCULTORA)

TERCEIRO

***Que tiveches que estudar para ser farmacéutica????? (
FARMACEUTICA)

*Con cantos anos empezaches a traballar no campo??????? (
AGRICULTORA)

*** Cantas cartas entregas diariamente??????? ( CARTEIRA)

***Cantas horas traballas ao día?????? (CONCELLEIRA)

CUARTO

****É difícil conciliar a vida laboral coa vida familiar no teu
caso?????( FARMACEUTICA)

*** Pensas que mellorou a situación das mulleres nos últimos
anos???? ( CONCELLEIRA)

**** Que opinas de que as mulleres cobren menos ca os homes
realizando o mesmo traballo???? ( PROFE)

***Estás contenta coa túa elección???? (AGRICULTORA)

QUINTO

***Que libro che marcou máis a túa infancia??? (FARMACEUTICA)

***Como foron os teus comezos escultóricos???? (ESCULTORA)

***Que beneficios che aporta o teu traballo????? (CONCELLEIRA)

***Botas de menos o teu traballo????? (MESTRA)

SEXTO

***Que che motivou a estudar farmacia?????

***Que sentimentos che provoca esculpir a pedra?????

***Sería todo máis fácil se foses un home???????

*** Agora que xa estás xubilada, a que dedicas o tempo libre que
tes????? ( MESTRA)

Estas son as nosas mulleres...Coñecedes a algunha??????? Pois había unha farmacéutica, unha telefonista, unha mestra, unha política, unha escultora, unha carteira e unha agricultora ...CASE NADA!!!!!!!