Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Todo isto tamén sucedeu, no mes de febreiro, na nosa aula

Ademais de rematar a nosa investigación sobre as formigas, levar a cabo experimentos con osiños e de todo o que vos comentamos nas entradas anteriores deste blogue, durante o mes de febreiro tamén sucedeu na nosa aula todo isto:

 

EXPLORANDO A NOSA CREATIVIDADE CON TÉMPERA:

Lembras que estamos escribindo cartas ós compañeiros e compañeiras de colexios de todo o mundo?, pois para poder identificar cada un dos países debuxamos as súas bandeiras con témpera.

 

Había que organizarse segundo as cores que precisaríamos para pintar a bandeira do país que cada quen escollera.

 

Noutra ocasión descubrimos como mesturando as "cores primarias" se podían conseguir novas cores...

 

... que puidemos empregar para deixar voar a nosa imaxinación pintando cadros.

 

 

CONTINÚAMOS A ENCHER O NOSO DICCIONARIO CON NOVAS PALABRAS:

O noso diccionario xigante (e por suposto tamén os individuais) está cada vez máis cheo de palabras, posto que cada semana imos engadindo palabras que comecen cunha letra concreta.

 

Traballando por parellas ou equipos repartímono-las palabras que se nos ocorren, xunto ós compañeiros de Infantil 1, escribímolas e buscamos a súa fotografía no diccionario online da web do centro. Deste xeito, segundo se indique, hai que imprimir unha imaxe grande (para diccionario xigante) e un número concreto de imaxes pequenas, para o que hai que escribir o número correcto.

 

VISTOUNOS PALOMA PARA "APRENDER A RELAXARNOS E CONCENTRANOS"

Unha mañá, tal como xa faláramos días antes, visitou a nosa aula PALOMA, con quen xogamos a "respirar" para mover un barco de papel como se fora o mar; e a outras moitas cousas para aprender a "relaxarnos e concentrarnos".

 

Desde esa visita agora temos tamén un "cerebro" para tranquilizar as nosas ideas, feito con purpurina e estreliñas de cores... a medida que as "estrelas van caendo" as nosas "ideas" vanse ordeando e o noso cerebro tamén se tranquiliza e concentra.

 

Tamén comezamos a "xogar" con  xabóns de cheiros diferentes, cos que "tranquilizamos as nosas mans" (á vez que as limpamos" cando voltamos do patio de recreo.

 

 

CONTINUAMOS A DESCUBRIR OS NÚMEROS DA NOSA VIDA NOS INTERCMABIOS:

Durante os intercambios cos nenos e nenas de 4 e 5 anos das dúas aulas de infantil, continúamos a completar o "libro dos números da nosa vida".

Pesándonos e anotando o noso peso.

 

Ata experimentamos canto pesábamos se nos xuntabamos sobre a váscula.

 

Tamén anotamos os nosos números de zapato...

 

... e o tamaño da nosa man, que medimos cun metro.

 

 

 

PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN E USOS MÚLTIPLES:

Durante as nosas sesións de psicomotricidade no pavillón durante este mes, percorrimos  longuísimos circuitos.

 

Para logo coordinarnos uns cos outros para crear un novo circuito entre todos, co material dispoñible.

 

Descubrimos noutra sesión alguns xogos tradicionais, para poder xogar en calquera lugar:

O escondite inglés:

 

O xogo das esquinas:

 

Ou a "pita cega" entre outros.

 

Os días que non puidemos baixar ó pavillón porque chovía, na aula de usos múltiples fixemos todo isto:

Convertímonos en piratas tendo que "escapar" do noso barco, cos materiais que había dentro del sen pisar o "mar" que estaba cheo de tabeiróns.

 

Tamén tivemos que organizarnos para "meter todo o cargamento dos diferentes barcos" nun único barco... meténdonos nós tamén dentro.... e démolo feito despois de varios intententos errados.

 

Coordinamos os propios movementos cos dos compañeiros usando aros para convertirnos nun tren, e así poder superar diferentes obstáculos.

 

E xogamos a "pasar polo aro" da cor que había que adiviñar, eso si sen tiralo. Poderías ti pasar polo aro que é da mesma cor que os tomates?

 

E tamén a pasar a pelota, do mesmo xeito, polo aro indicado, coa man ou cos pes.

 

 

Lembra que para estar ó tanto de todo o demais que sucedeu ó longo deste mes en Educación Infantil 2, podes ver as anteriores entradas publicadas.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.