Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Retroalimentándonos na biblioteca

A retroalimentación é un proceso a través do cal o alumno comproba o aprendido, así coma o nivel no que se atopa, ao mesmo tempo que afianza os seus coñecementos.

Así pois, este proceso axuda ao alumno a reafirmar os coñecementos aprendidos ao tempo que  comprende os novos, unha vez demostrado o dominio do acadado anteriormente. Define o grao no que está, o que lle servirá de base no próximo nivel para ser utilizado como coñecemento previo.

Reforza e leva ao alumno a unha realidade na cal chega a ser consciente da súa capacidade e tamén do nivel acadado.

Co obxecto de poñer en práctica este proceso, as titoras de 3º e 5º cursos, cos nosos respectivos alumnos, preparamos un encontro na biblioteca. Ademais, os alumnos 5º viñan de ter a mesma mestra que agora teñen os de 3º, un "factor común" a ter en conta.

Deste xeito, xuntámonos nun acolledor recuncho e comezamos a nosa experiencia.

Preparámonos para ler:

Trátase de que os alumnos vaian lendo alternativamente, 5º e 3º cursos, un fragmento dun texto que eles mesmos escolleron entre os seus libros favoritos.

Empezamos por un dos maiores:

Agora tócalle a un dos pequenos:

E así sucesivamente...

   

 

 

Todos escoitamos con atención...

Os alumnos recoñecen e explican os déficits en lectura que recoñecen nos máis pequenos (fluidez, entonación, vocalización, comprensión...). Eles mesmos pasaron por esa etapa de dificultades, polo tanto son conscientes de todo o proceso que os levou ao nivel actual. Síntense satisfeitos e orgullosos de si mesmos... e... queren opinar!!!

A profe tamén lles fai preguntas!

Agora son capaces de recoñecer as distintas dificultades que se dan na lectura dos alumnos de menor nivel, facendo unha comparativa entre a calidade lectora destes pequenos e a que eles, ou algún dos seus compañeiros, presentaban, pois é unha fase pola que eles mesmos xa pasaron.

Foi unha dinámica moi enriquecedora para ambos grupos, os de terceiro comprendendo, co modelo lector dos maiores, que tamén eles con esforzo chegarían a ler así de ben e, os de quinto, sentíndose orgullosos dos seus progresos ao tempo que gozaron dun intre no que actuaron como "mestres lectores" dos máis pequenos, dándolles consellos para atallar as dificultades que tiña cada quen, baseándose na súa experiencia previa.

María Sabarís / Susana Batallán