Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Así nos foi no mes de decembro

No pasado mes de decembro, antes de dar comezo as vacacións de Nadal, aconteceron moitas cousas na aula. Algunhas delas xa volas contamos en entradas anteriores:

-A celebración dos cumpreanos.

-Proxecto das arañas.

Preparación do festival de Nadal.

 

Ademáis de adicar algúns momentiños da xornada a decorar o corredorio de Infantil, tamén colaboramos co resto de compañeir@s do cole,  na decoración da entrada á escola, confeccionando unhas enormes bolas que penduraban do teito cuberto.

 

 

Desde a biblioteca, Dora lectora pediunos que, con axuda das familias elaborásemos unha felicitación de Nadal, e vos amosamos algunhas delas, moi orixinais e creativas.

Tamén, como todos os anos, elaboramos a nosa tarxeta de Nadal para as familias.

Estampando a pegada da nosa man na cartolina e pintando a neve,

engadimos gomets de estrelas e pintamos as caras dos bonecos de neve, que eran cada un dos dedos da man.

Ademáis de escribir a nosa felicitación.

 

Tamén continuamos co diccionario, introducindo novas letras, que con distintos tipos de propostas e actividades, logramos interiorizar mellor e familiarizarnos con elas, sobre todo os máis pequenos.

 

Este mes, na clase de psicomotricidade tivemos ocasión de facer xogos e actividades co paracaídas, que tanto nos gusta.

 

Tamén nos visitaron algúns compañeiros de primaria para facernos unhas lecturas de Nadal, moi interesantes.

 

E entre todos puxemos cor a un enorme mapa mundi que os profes debuxaron. Mapa no que localizaremos as distintas cidades dos coles cos que nos empezaremos a cartear.

De feito xa localizamos un dos coles, que se chama igual que o noso, e está en Buenos Aires.

 

E continuamos coas nosas rutinas, momentos de especialistas e de xogo, relación, expresión e creación.

Agora sí damos a benvida ó novo ano, que nos traerá moitas experiencias que contar!!