Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) No mes de novembro tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Ademais do que xa vos comentamos noutras entradas, tamén sucedeu todo isto na nosa aula ó longo do mes de novembro. 

 

INTERCAMBIOS (4-5 ANOS): TRABALLANDO ASPECTOS LÓXICO-MATEMÁTICOS:

Continuamos cos intercambios entre as dúas aulas de infantil. No caso dos de máis idade traballamos aspectos lóxico-matemáticos co recta numérica e unhas pinzas.

 

Que tamén empregamos para representar cantidades non noso corpo.

 

Cunha competición de saltos fomos anotando os "números" nun metros, para elaborar un ranking dos números "máis longos".

 

 

INTERCAMBIOS (3 ANOS)

No caso dos de tres anos traballamos aspectos de atención e memoria, lentando lembrar unha serie de obxectos que logo metíamos nun saco. Tamén xogamos a descubrilos polo tacto coas nosas mans.

 

Dramatizamos contos como o de "Nacho na escola" e fixemos os mesmos gorros que saía na historia.

 

 

O EXPERIMENTO DO MES: "O papel que non se molla".

Comezamos tamén, neste mes, a nosa serie de experimentos científicos, a partir da tarefa que levamos a cabo no curso pasado e que podes lembrar desde aquí. Desde agora levarmos a cabo na aula un expermiento cada mes.

 

O primeiro experimento desde curso foi "o papel que non se molla". Partimos plantexando hipóteses de "como poderíamos meter un papel na auga sen que se molle" empregando un vasiño.

 

Despois de aplicar varias das ideas, observamos como se o metíamos dentro do vasiño, no fondo deste, e o metíamos do revés na aula o papel quedaba seco. Por que?

 

Despois de debatir durante un ancao plantexando hipóteses chegamos á conclusión que tería que "haber algo entre o papel e a auaga", poque se se metía o papel na parte superior si se mollaba.  

 

Lembrándonos do expermiento do curso pasado, da auga que non cae, pensamos que seguramente a razón era que quedaba "aire" entre o papel e a auga. Comprobamos a teoría en cada un dos equipos, repetindo o experimento e introducindo modificacións no mesmo.

 

Anotamos os resultados da experimentación no noso caderno de campo dos experimentos, indicando os materiais, o proceso e representando gráficamente o experimento.

 

E por suposto cada equipo fixo unha auto-avalición do seu traballo tanto no panel do equipo como no caderno dos encargados, valorando como desempeñou cada quen as funcións enconmendadas.

 

 

DESENVOLVENDO A PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN:

Nas sesións de psicomotricidade no pavellón "pasámolo de medo":

Participando nun enorme circuito de forma individual, por parellas, por grupos de catro...

 

... e finalmente todos xuntos coordinando os nosos movementos.

 

Ideando estratexias para "desplazarnos todos" cando no había material suficiente para cada un.

 

E coordinando movementos cos dos demáis compañeiros e compañeiras, e poder pasar así polo tunel de aros.

 

Pasar a pelota cara atrás e cada adiante, buscando ós compañeiros e compañeiras, non foi doado pero si moi divertido.

 

Imaxinamos dúas estacións nas que agardar a que chegase o tren.

 

No que montamos cado chegada á estación, eso si cada un ía por unha das liñas de cores para non "chocar".

 

Levar "mercancías" non era doado, había que poner dacordo a "tódolos vagóns" para cooperar no traballo.

 

Unindo tódolos vagóns dos trens, e empregando aros, creamos un tren enorme "que tiña que moverse de forma coordinada" para ir esquivando os obstáculos.

 

Tamén fixemos varios xogos de coordinación, axilidade e reflexos co paracaídas.

 

 

O DICCIONARIO DAS PALABRAS:

Continuamos a completar os noso diccionario "das palabras", búscandoas no diccionario online...

 

Para pegalas por parellas no "enorme diccionario do corredor".

 

Os máis pequenos representaron as letras do diccionario con diferentes elementos.

 

Para, por suposto, ir completando os nosos diccionarios individuais, que cada día se vai enchendo con novas palabras.

 

 

 

SOMOS CREATIVOS COA TÉMPERA:

Exploramos as posibilidades creativas da témpera traballando con diferentes superficies.

 

E con diferentes elementos da natureza.

 

 

PROGRAMANDO O BEEBOT:

Acompañamos ó noso robot educativo, Beebot, por novas viaxes que nos "programamos previamente". Planificamos recorridos para esquivar "dúas paredes".

 

Para evitar que caese no río e chegase á gasolinera.

 

E incluso para que puidese "atravesar un tunel" sen que quedase parado dentro, calculando cantos cadrados tiña que "avanzar" aínda que non se vesen.

 

 

CONTOS PARA A IGUALDADE DE XÉNERO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO:

Asistimos a unha sesión de contacontos á cargo de varios compañeiros e compañeiras de sexto, sobre a igualdade de dereitos de homes e mulleres.

"Rosa Caramelo", dramatizado con monicreques, e contado por Iago e Aínhoa, que era a irmán dunha das nosas compañeiras.

 

E a historia de "Arturo e Clementina", que nos contaron Ana e Javier.