Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Exploramos a natureza e traballamos cos seus elementos

Coa chegada do outono exploramos o patio do colexio para "recoller follas" que caeran das árbores, porque chegara o outono, e outros "elementos da natureza".

 

Ademais de follas tamén atopamos moito lixo, que aproveitamos para recoller e tirar na basura.

 

Unha aperta ás árbores serviunos para despedirnos deles... experimentamos que estaba "frio e rugoso".

 

Cando marchábamos para clase atopamos unhas plantas que cheiraban moi ben. O profe díxonos que se chamaba "menta", falando delas algúns sabíamos que as comían as ovellas e que as podíamos usar cando nos "estrugábamos".

 

Xa na clase, xunto con castañas que tiñamos para o magosto, fomos "traballando diferentes conceptos con elas". Contamos e fixemos liñas enormes.

 

E tamén series, alternado follas e castañas.

 

Eran tantas as follas que trouxemos que tivermos que clasificalas.

 

Tan só había que fixarse na "icona" que había en cada mesa, para saber tipo de follas había que poñer en cada lugar.

 

Por equipos fomos anotando nun rexistro "cantas follas había de cada cor" 

 

E por suposto tamén estampamos follas con témpera para conseguir unhas creacións moi "curiosas".