Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Traballando o magosto e o Samaín.

Neste mes de outubro vivimos varias celebracións características do outono. Nunha entrada anterior de infantil xuntos, explicamos as propostas de centro nas que participamos pero na aula tamén fixemos moitas outras cousas que vos contamos.

Coma sempre facemos, establecemos variados diálogos en torno a estación que comezaba, o outono, recitamos algunha poesía que acompañamos de ritmos corporais e musicais, contamos contos, observamos fotografías na pizarra dixital sobre esta estación e as súas cores, os seus cambios, facéndonos conscientes do paso do tempo.

Tamén observamos fotografías de castañas, ourizos, millo, uvas,....e outros elementos outonais.

Con estas fotografías participamos nunha choiva de ideas, dicindo a primeira palabra que nos viña á cabeza ó observalas.

Posteriormente montamos un pequeno collage coas fotografías, que por equipos ilustramos, e os nomes escritos desas palabras que propuxéramos.

A este mural-collage lle fumos engadindo co paso dos días outros elementos característicos e traballados, debuxos de calacús, estampacións de elementos naturais,...

Coas castañas, necesarias para a festa do magosto, manipulamos, agrupamos, contamos, creamos

Tamén fixemos unha sesión de psicomotricidade con castañas, tratando de levalas en diferentes partes do corpo sen que caísen, e con diferentes posturas, con xogos de puntería, ó xogo do pano pero con castaña,..

e finalmente nolas comimos asadas, o día da celebración. A moitos de nós, iso foi o que máis nos gustou!

 

Tamén celebramos a festa do Samaín, cos calacús de protagonistas..

Recordamos mirando na páxina web do colexio, cómo participamos o ano pasado, ensinamos ós máis pequenos o conto de medo que creáramos, "A serpe terrorífica".

Escribimos a nosa nota ás familias recordando que podíamos participar decorando o noso calacú en casa.

Despois de escribila entre todos na pizarra, a escribimos individualmente para levar a casa.

E diseñamos en gran grupo cómo nos gustaría que fose a nosa cabaza que vaciaríamos na clase.

Pasando a levar a cabo o deseño despois. 

                  

Como un lado da cabaza estaba un pouco deformado, tivemos que recurrir a un punto de apoio para poñela dereita, un cartón que pintamos con témpera.

       

E como eliximos moitas cores para pintala, a nosa cabaza quedou moi graciosa, tivemos que engadirlle as mans pantasmas, gusanos, arañas, e o demáis que propuxéramos para que parecera máis terrorífica.

Por aquí a podedes atopar, xunto coas demáis cabazas que trouxemos os compañeiros para participar no concurso.

O día da festa, case todos viñemos vestidos con disfraces de medo e aquí deixamos unha fotiño para que quede de recordo.