Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Acordamos e creámo-las normas da nosa aula

Por fin temos xa as normas da nosa aula, como sempre indicando en "positivo" todo o que podemos facer. Para chegar ata elas tivemos que acordalas, dramatizalas e plasmalas no panel. Se queres saber como o fixemos sigue lendo esta entrada.

 

O primeiro foi acordar "cales serían as normas máis importantes da nosa aula", así que partimos dun diálogo no que foron xurdindo diferentes ideas e "cousas" que se podían facer na nosa aula, de cada unha que foi anotando o profe fomos "sacando" unha norma de como "como deberíamos facelo".

 

Como eran moitas tivemos que acordar "cales delas deberían estar no noso panel". Ó final decidímonos por aquelas que "sempre nos esquecemos" ;), e nesta ocasión fomos nós quenes as fomos anotando.

 

E así quedou a nosa decisión final... estás serían as primeiras normas da noasa aula (como sempre ó longo do curso irán aparecendo outras segundo os conflictos que vaian xurdindo e teñamos que solventar)

 

Coas normas dedicidas fomos falamos sobre como "plasmalas" no panel, de seguida decidimos facelo como nos cursos anteriores... sendo nos mesmos quenes as dramatizaríamos, porque era moi divertido sacar as fotografías "actuando".

 

Todos e todas "simulamos" BAIXAR E SUBIR AS ESCALEIRAS AGARRADOS O PASAMÁNS.

 

SABELA e LAURA "dramatizaron" a norma de IR A MODO E SEN CORRER NA AULA e MARÍA foi a encargada de tomar a fotografía correspondente.

 

E así de ben lle quedou.

 

SABELA foi quen tomou a fotografía de traballar e xogar no ORDENADOR EN TURNOS.

 

Así de ben o interpretaron TIAGO e DAVID.

 

A medida que íamos facendo a foto de cada norma, tachábamola na lista que tiñamos no encerado "para controlar" cantas nos faltaban.

 

 

ESCOITAR MENTRAS OUTRO FALA, foi outra das normas que interpetamos todos xuntos.

 

Sen esquecernos, por suposto, de COIDAR OS LIBROS, que DAVID "inmortalizou" cunha fotografía. 

 

LOIS e LUIS foron os encargados de "dramatizar a escena".

 

Para lembrarnos de RECOLLER OS XOGUETES E O MATERIAL, LUIS tomou unha nova fotografía.

 

Que nesta ocasión tiña como protagonistas a ALICIA e SARA.

 

Despois de ver no ordenador (e na pantalla) tódalas fotografías que tomáramos, e de escoller "a mellor" de cada unha das normas... contamos cantas normas iamos ter no noso panel, escribindo o seu número enriba de cada unha delas.

 

Deste xeito cada un dos nenos de 4-5 anos, puideron escoller o "número da foto" que lles correspondía incluír no panel das normas que estabamos a elaborar.

 

Con rotuladores de cores, e tras pegar as fotografías nos papeis correspondentes, fomos escrbindo a norma que estaba representada.

 

Para unha vez rematado incluíla no noso panel das normas, que pouco a pouco se ía enchendo.

 

Os compañeiros e compañeiras de 3 anos foron os encargados de pegar as "letras" do título do panel.

 

Así entre todos eles completaron a palabra NORMAS, para que todos soubesen que eran esas fotografías que tiñamos postas nese panel.

 

E así nos quedou o noso panel das normas... agora sempre que dubidemos como "facer" ou cando xorda un conflicto, poderemos consultar neste panel para atopar a solución.

 

Tan só nos resta, facer un rexistro individual de todas estas normas para poder levalas ás nosas casas, e comentalas coas nosas familias.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.