Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Primeiras semanas de clase

Ola a tod@s!!

Xa pasaron unhas semanas dende que empezamos as clases e vos contamos algunhas cousiñas que sucederon.

Os primeiros días os máis cativos foron coñecendo algúns espacios novos do cole, como o pavillón, a biblioteca e a sala de informática, e os maiores lles explicamos actividades que levamos a cabo neles e cómo debemos estar nestes espacios.

 

Ademáis do horario que teríamos, é dicir, qué actividades realizaríamos cada día. Como xa fixemos o curso pasado, elaboramos un horario xigante, no que diariamente poderemos ver qué nos toca, 

e tamén elaboramos un individual para levar a casa, xunto coas normas de aula, que tamén acordamos nestes días.     

 

Segúndo o día da semana temos actividades diferentes e así as fomos recordando algúns e coñecéndoas outros.

Este curso, entre outras, teremos sesións de robótica, co noso robot beebot. Na nosa primeira sesión, debíamos seguir un camiño marcado por cadrados vermellos.

Ós máis pequeniños fíxonos moita gracia, e os maiores tiñamos que estar
moi concentrados para conseguir marcar os pasos a seguir polo beebot
correctamente.

 

Tamén temos no horario a actividade de pintar con témpera tanto no noso block individual como en grandes murais e noutro tipo de soportes. Nesta ocasión, para inaugurar a actividade, utilizamos uns globos pequeniños cos que previamente fixemos xogos espaciais e corporais. Cos globos estampamos témpera de diferentes cores para crear as nosas obras "abstractas".

 

Ademais teremos sesións de títeres que alternaremos con outras de correo, nas que elaboraremos cartas para outros compañeiros (pero disto vos contaremos noutra entrada).

Esta vez cos títeres bailamos ó ritmo da música, unhas veces máis lenta outras máis rápida, unhas máis forte, outras máis suave.

Nos presentamos con eles, inventándonos un nome para o noso títere e tamén improvisamos algunha que outra actuación.

 

Ademáis seguimos a introducir algúns elementos e materiais das rutinas: tarxetas con nomes dos nenos, dos meses, iconos das actividades de cada día, panel de números para marcar distintas cantidades....pero eran tantos, que antes tivemos que ordenalos.

 

Retomamos o préstamo de libros, explicando antes na pizarra dixital aos máis pequenos, cómo facemos para rexistrar os libros que levamos os venres a casa. Rexistro que facemos tanto en papel como en ordenador.

E para facer este rexistro e tamén acceder ó calendario sen necesidade de marcar códigos, elaboramos os nosos carnets QR ,pegando algúns datos como o noso nome e foto, o noso código que o imprimimos da web, así como a firma e o selo do noso grupo, Infantil 1.

(pendiente de foto)

 

Tamén elaboramos as nosas bandexas da merenda, pois os primeiros días as botábamos en falta, xa que as do curso pasado foron ó lixo pois estaban bastante estropeadas despois de tantas merendas feitas con elas.

Por petición da maioría, eliximos debuxos da tele que nos gustan, para colorealos e pegalos na bandexa. Ademáis de polo outro lado pegar tamén algunhas fotografías do noso día a día no cole.

Unha vez rematada a bandexa por ambos lados, utilizamos a máquina plastificadora para que se voltase dura e así aguante todo o curso.

 

Tamén, como facemos todos os anos, pegamos a nosa foto de grupo nunha cartolina, que xunto coas nosas pegadas das mans de diferentes cores, rodeando a foto, será o noso cartel que nos identifique ó ladiño da porta, para que cando alguén veña visitarnos ou busque a algún compañeiro, sepa en qué aula estamos.

 

Tamén como actividade para coñecernos un pouco máis entre todos, deternos a observar os detalles e rexistrar con números as cantidades, comezamos a facer rexistros entre os compañeiros da aula: de nenos e nenas da clase, da nosa cor de cabelo, ou por suxerencia dunha compañeira, entre os que tiñamos cabelo longo e curto e aquí xurdiron algúns problemiñas pois para algúns a media melena era cabelo curto e para outros longo, co cal creamos outra modalidade no rexistro, a media melena.

Nas próximas semanas seguiremos levando a cabo distintos rexistros, en función das ideas e propostas que entre todos aportemos.

 

Como podedes ver estivemos moi atarefados, aínda así tivemos moitos momentos de xogo libre e nos distintos recantos, que tan necesario é e a través do cal aprendemos tamén moitísimo.

Pero estas tres semanas deron moito máis de sí, vos temos que seguir contando noutras entradas, que faremos próximamente!!